Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O XI Festival Alternativo Millo Verde ofrecerá case vinte concertos en tres días

O EVENTO DE REDONDELA FARASE NA PRAIA DE CESANTES

O XI Festival Alternativo Millo Verde ofrecerá case vinte concertos en tres días

ALTERNATIVA | xuño 6, 2017

imaxe non dispoñible

A Asociación Cultural Millo Verde xa ten todo preparado para unha nova edición do seu Festival Alternativo, e será a undécima, que esta semana encherá de música e actividades Redondela. Cunha nova localización an punta da Praia de Cesantes do municipio pontevedrés, o festival ofrecerá entre xoves e sábado once actuacións diferentes de grupos maioritariamente galegos con dúas bandas de Portugal , outra de Alemaña e unha británica. O evento, de acceso libre, ofrecerá ademais outras actividades como xa é habitual: teatro, obradoiro de danza africana, campionato de baloncesto 3x3, gymcana, graffiti, etc. Por segundo ano, organizarase unha recolleita de alimentos non perecedoiros durante os tres días do festival para axudar aos máis desfavorecidos e que este ano será entregada á Fundación Provincial Banco de Alimentos.

Os espectáculos darán comezo o xoves sobre as 22 horas, coa participación este ano de tres grupos galegos Tres por Catro, Andhrea and The Black Cats e Sete Cuncas. O venres os concertos comezarán as 19:30 con Antón Ke para seguir cos británicos Echo Town e entrar na quenda de noite as 22:30 coa presenza de Komódo, gañadores do concurso de maquetas, os alemáns Alice Francis, os portugueses Throes The Shine e os galegos Fanfarria Taquicardia para terminar. O sábado ás 13 horas dará comezo a "Sesión Vermú" cos concertos primeiro de Sofía Espiñeira e logo de Tatán Chapeu. O primeiro concerto vespertino será a cargo do cantautor Samu Acaracán. Despois a escena chegará de mans do grupo teatral Teatro ó Cubo cun espectáculo para todos os públicos titulado Ghop. Na tarde actuará a banda local Retroblues entre as 20:30 e as 21:30. Os concertos nocturnos empezarán como o venres ás 22:30 e correrán a cargo dos galegos Sokram, os británicos Echo Town, os portugueses Kumpania Algazarra e os tamén galegos Skandalo GZ que concluirán o festival.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer