Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xacarandaina abre en Carral o Ciclo Danza 3

AS TRES AGRUPACIóNS DO COLECTIVO XOC OFRECERáN 12 ACTUACIóNS EN DIFERENTES CONCELLOS

Xacarandaina abre en Carral o Ciclo Danza 3

FOLK | xuño 9, 2017

imaxe non dispoñible

Mañá, sábado, ás 11 horas comezará o Ciclo Danza 3 unha nova andaina coa actuación de xacarandaina no Campo da feira de Carra. Con esta actuación ábrese unha nova edición deste programa que xa ten máis de oito anos creado polas agrupacións integrantes do colectivo XOC –Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos– para a difusión da música e o baile tradicionais. O ciclo, que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), inclúe tanto actuacións na rúa como en recintos pechados e ofrecerá durente este verán outras 11 citas noutros tantos concellos: Baltar, Carballo, O Irixo, Mos, Muros, Ribadeo, Oroso, Ortigueira, Redondela, Sanxenxo e Vilalba. O colectivo XOC suma máis de 1.500 socios

Xacarandaina presentarase tamén en Carballo (8 de xullo na praza do Concello), Ribadeo (15 de agosto no Cine Teatro) e Ortigueira (26 de agosto na praza Isabel II). Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, ten programadas outras catro representacións en Muros (1 de xullo na praza do Concello), Sanxenxo (27 de agosto na praza dos Barcos), Oroso (9 de setembro na alameda de Sigüeiro) e Vilalba (15 de outubro no Auditorio Carmen Estévez Eguiagaray). Pola súa banda, a formación viguesa O Fiadeiro actuará en Redondela (2 de xullo no paseo marítimo de Chapela), O Irixo (30 de xullo na praia Fluvial), Mos (6 de agosto no Auditorio do Torroso) e, xa en novembro, en Baltar. En canto ás tres citas que terán lugar en recintos pechados as postas en escena desenvolveranse a xeito de gala ou espectáculo total. Para esta ocasión, Xacarandaina porá en escena a montaxe Patrimonio inmaterial, a través da que fai un percorrido polas diferentes manifestacións do folclore galego (vestiarios, músicas, cantos e bailes). Cantigas e Agarimos representará Balbino, o espectáculo co que lembra a figura e a obra de Xosé Neira Vilas. Nel, máis de 90 artistas sitúan o público no escenario vital dun neno de aldea, desenvolvendo unha proposta multidisciplinar a longo das diferentes escenas que reflicten como era a sociedade galega de mediados do século pasado.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer