Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O veterán festival Xiria Pop pecha o verán en Carballo

O EVENTO OFRECE UN CARTEL INTERNACIONAL DE BANDAS POP E ROCK

O veterán festival Xiria Pop pecha o verán en Carballo

ROCK | setembro 11, 2017

imaxe non dispoñible

O Festival Xiria Pop de Carballo celebrará o vindeiro fin de semana unha nova edición ofrecendo dous días de actuación de bandas galegas, nacionais e internacionais. O evento, que comezou no ano 98 como unha festa vencellada á xente do equipo de balonmán local Xiria, foi crecendo e evolucionando co tempo ata ser unha cita veterana e estable da programación musical de finais do verán. A Sala Dublín acollerá os días 15 e 16 a actuación de catro bandas e un Dj cada xornada. Dúas bandas británicas, Colorama e MFC Chicken, encabezan o cartel en cada un dos días. De Londres tamén chegan Sulk e de Motpellier Les Lullies. A presenza galega a poñen os compostelán Thee Boas. Bandas nacionais como Biznaga, Los Estanques e Carolina Otero & Someone Elses completan a oferta de concertos que se celebrarán no Club Dubñin de Carballo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer