Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os John Deeres presentan o seu segundo disco '20-20'

A BANDA DA ESTRADA OFRECE OITO TEMAS DE POTENTE HARD ROCK EN GALEGO

Os John Deeres presentan o seu segundo disco '20-20'

ROCK | outubro 16, 2017

not_27930.jpg

Xa está en todas as plataformas o novo disco da banda Os John Deeres, 20.20. Os da Estrada presentan neste traballo editado baixo o Netlabel O Toxo Rabudo oito temas en galego de “hard rock” sen concesións, pensados claramente para levar a un directo enérxico e electrizante. O tema de presentación, Rendición, xa dispón de videoclip. As letras van da temática social (Entre fronteiras, A sombra de ti, Dourado veleno) ao macarrismo (Inevitable); da superación dos propios límites (Cara adiante, Tan forte, tan lonxe) á conciencia de que ás veces só queda deixarse levar pola nosa parte máis escura (Rendición, Espiral). Segundo comentan desde O Toxo Rabudo sobre o disco, "con 20-20 os John Deeres atoparon o seu lugar. Despois dun primeiro traballo inaugural que recollía temas de case unha década tocando xuntos, con 20-20 a banda dá un salto cara a un son máis directo e cru, máis compacto e máis achegado ás súas bandas de referencia dos 70". O disco pódese descargaur xa que está baixo licenza Creative Commons. A banda estará o vindeiro día 21 no festival grelo Folc de Monfero presentando en directo o seu novo traballo.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer