Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Museo do Pobo presenta Dispostas para cantare

O áLBUM RECOLLE 24 PEZAS DA COLECCIóN DO ARQUIVO DO PATRIMONIO ORAL E DA IDENTIDADE

O Museo do Pobo presenta Dispostas para cantare

FOLK | outubro 19, 2017

dispostas_para_cantare_MPG.jpg

O musicólogo Sergio de la Ossa foi o responsable de seleccionar as vinte e catro pezas que conforman Dispostas para cantare. O Museo do Pobo Galego presentaba onte este libro-CD no que recupera unha selección de pezas sonoras dos milleiros que custodia o seu Arquivo do Patrimonio Oral e da Identidade (APOI). Romances, coplas, cancións de voda ou de sega, xotas ou muiñeiras cantadas polos propios informantes en diferentes recollidas de sons populares conforman este interesante traballo sobre a tradición musical galega que sae á luz en colaboración con Bodegas Martín Códax.

Canda a De la Ossa participaron na escolma as musicólogas húngaras Olga Szalay e Mária Domokos canda a Mini e Mero, responsables de boa parte dos rexistros que se custodian no APOI. O volume sae á luz como un agradecemento para persoas socias e colaboradoras do Museo polo seu apoio sostido cando esta institución cumpre 40 anos de actividade.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer