Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Mardi Gras comeza un mes de celebración do 18 aniversario

O RECINTO DA CORUñA OFRECERá DEZAOITO CONCERTOS E PRESENTA OFERTAS DE FIDELIZACIóN

A Mardi Gras comeza un mes de celebración do 18 aniversario

ROCK | novembro 2, 2017

imaxe non dispoñible

En novembro de 1999 abría as súas portas na Coruña a Sala Mardi Gras rememorando o espírito dos garitos de New Orleans, buscaba ofrecer música en directo cada semana cunha axenda de concertos de artistas moi seleccionados que foron dando personalidade propia ao recinto como axente cultural de primeira orde na cidade. Este mes a Mardi Gras cumpre dezaoito anos en activo con milleiros de concertos ás súas costas e como un dos locais de referencia da música en directo en Galicia acollendo actuacións de bandas internacionais, estatais e grupos emerxentes. A celebración ofrecerá 18 concertos nun mes e algunhas novidades para o futuro.

Practicamente todos os días de novembro, agás luns e martes, será posible achegarse a un concerto na Mardi Gras. Dezaoito propostas moi diversas pero todas elas co selo do club. O pistoletazo de saída o da este venres o rock sureño dos americanos Hogjaw (Arizona) e a eles seguirán numerosas propostas entre as que estarán a mítica banda do barrio Os Diplomáticos de Monte Alto, Anaut, banda madrileña de soul ven de ganar os Premios Min (Música Independiente) ao mellor Album de Músicas do Mundo, tamén pasarán pola sala os Sex Museum, que en ningunha das súas xiras faltaron á súa cita co Mardi Gras e que nesta ocasión ofrecerán dous concertos nun fin de semana con dous repertorios diferentes ambos días, como homenaxe na celebración do 18 aniversario.

Ademais a sala de concertos presenta aproveitando a efeméride outras novidades como a creación do carné de Embaixador ou Embaixadora da Sala Mardi Gras. Destinado ao público frecuente e que queiran apoiar e presumir de club na cidade. Por unha cota anual de 20 euros ofrece descontos en entradas e consumicións e acceso ás canles de información para medios. Nesa mesma liña de fidelizacíon e creación de novos públicos para a música en directo, mardi Gras tamén ofrece grazas a un convenio asinado coa Universidade da Coruña, que os estudantes poidan ter un desconto en varios dos concertos, previa presentación do carné universitario.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer