Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Paco Nogueiras lanza a súa particular emisora con Radio Bulebule

KALANDRAKA EDITA O NOVO LIBRO-CD DO MúSICO CON ILUSTRACIóNS DE DAVID PINTOR

Paco Nogueiras lanza a súa particular emisora con Radio Bulebule

INFANTIL | novembro 6, 2017

radio_bulebule_paco_nogueiras.jpg

Logo do éxito de Brinca vai!, o que obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil, Paco Nogueiras presenta o seu novo traballo. O medio radiofónico inspira os doce temas de Radio Bulebule, un libro-CD-DVD que publica a editorial Kalandraka con ilustracións de David Pintor e uns videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo dirixindo que, unidos, forman unha curtametraxe. Os ritmos variados predominan nunhas cancións que se artellan como a grella de programación dunha peculiar emisora. Sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades, música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica teñen cabida, con cadanseu tema, neste proxecto.



O auditorio do Milladoiro, en Ames, acolle o día 12 o concerto de presentación do novo traballo. O Centro Ágora da Coruña (día 17), o Auditorio de Ourense (18), o Centro sociocultural de Vite, en Compostela), o 26 ou o Pazo da Cultura de Pontevedra o día 3 de decembro son algunhas das vindeiras datas da xira de presentación.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer