Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Patricia Moon explota o seu eclecticismo virtuoso no disco 'Rock & Love'

A VIGUESA PRESENTA NOVO TRABALLO GRAVADO E PRODUCIDO EN BUENOS AIRES

Patricia Moon explota o seu eclecticismo virtuoso no disco 'Rock & Love'

FUSIóN | decembro 11, 2017

imaxe non dispoñible

A artista viguesa Patricia Moon está a presentar estes días o seu terceiro disco de estudo. Rock & Love (Dulcimer Songs / EMI Music, 2017) chega cinco anos despois do seu anterior traballo Oxytocin( Dulcimer Songs / EMI Music, 2012) e neste caso a gravación levouse a cabo ao outro lado do Atlántico, en Buenos Aires nos Estudios del Abasto al Paso Monsterland contando na produción con Álvaro Villagra (Grammy polo álbum Supernatural de Santana) e Nelson Pombal. Patricia Moon volve neste caso descabalgarse de estilos predefinidos e ofrece mesturas de diversos xéneros musicais, que beben do soul, a música clásica, o R&B e o rock ‘n’ roll. O seu eclecticismo débelle moito aos seus estudos de formación musical clásica , fixo a carreira de violín e canto lírico, así como de piano no conservatorio de Vigo, compaxinando esa formación con estudios de composición en Madrid. Ao longo de 2017 estivo facendo unha xira por España, o “You Know I’m No Good Tour” xunto a Robin Banerjee, guitarrista e líder da banda de Amy Winehouse, na que facían un tributo á diva do soul con cuxa voz foi comparada a de Patricia Moon en varias ocasións. A súa posta en escena no directo para este novo traballo. será de catro músicos no escenario, Patricia Moon na voz, teclados e violín, e acompañada por unha batería, guitarra e baixo para presentar este traballo que inclúe dous temas en castelán, ademais de seis en inglés. Dancing in the dark é o seu primeiro vídeo de lanzamento do novo discoRock & Love.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer