Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Trece bandas renovan a banda sonora para estas festas en 'Nada(L)'

O DISCO RECOLLE UN TEMA ORIXINAL DE CADA GRUPO CREADO COMO PANXOLIñA

Trece bandas renovan a banda sonora para estas festas en 'Nada(L)'

MISCELáNEA | decembro 21, 2017

nada_L.jpg

Xonix Records quere cambiar a música de fondo destas festas e para iso reuniron nun disco cancións orixinais feitas ex-profeso sobre o Nadal. Son temas moi diferentes e con sons e ritmos do máis variado e letras en galego, que a súa temática fai que poidamos agrupalas como panxoliñas malia que pouco ou nada teñen que ver con esas tradicionais cancións. Nada (L) (Xonix Records, 2017), ofrece 13 temas inéditos compostos por 13 bandas galegas actuais e nso que cada unha delas achega unha perspectiva musical diferente co ánimo facerse un oco en casa e celebracións pouco dadas ao convencionalismo durante estas festas. O disco, presentado en formato físico digipack, foi gravado e mesturado por Lolo Arincón nos Estudios Xonix Records. Esta dispoñible xa en tendas físicas e en todas as plataformas dixitais. As bandas e artistas reunidas por Xonix Records para esta proxecto son variadas e moi coñecidas na escena musical do país, The Lákazans, Espiño, Oscar Avendaño e Los Wavy Gravies, Esposa con pantis, Raiba, Piti Sanz, Ruxe-Ruxe, Zënzar, Acid Proyect, Tu Mujer Nos Engaña, Liviao de Marrao, Maskarpone e Som do Galpom.

datos do disco
.
Nada (L), 2017

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer