Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As orquestras clásicas presentan estes días espectáculos excepcionais

A CORUñA, SANTIAGO E VIGO ACOLLERáN CONCERTOS ESPECIAIS CON IMPLICACIóN DE ORQUESTRAS E CORAIS

As orquestras clásicas presentan estes días espectáculos excepcionais

CLáSICA/LíRICA | decembro 22, 2017

imaxe non dispoñible

No tempo de Nadal a música clásica acada dun xeito natural o protagonismo que noutras épocas do ano non consegue ou se lle nega por costume. As orquestras e formacións preparan para estes días importantes concertos nos que deixan ver a súa enorme capacidade para interpretar o repertorio. Se ben aínda hai que agardar o tradicional concerto de aninovo nestas datas centrais das festas xa son varias e boas as oportunidades do público de achegarse ao xénero clásico con garantías.

En Santiago a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá hoxe, venres, unha excepcional interpretación de O Mesías de Haendel para a que conta coa soprano Berit Solset, a contralto Catherine Hopper, o tenor Nicholas Mulroy e o baixo-barítono Peter Harvey baixo a batuta de 276 voces corais, entre profesionais e afeccionados, unidas arredor desta obra e que proveñen do coro holandés Cappella Amsterdam, que une as súas voces aos coros populares da Coral Polifónica La Salle de Santiago, Coral Polifónica Sporting Club Casino da Coruña, Coro Adayeus da Asociación de alumnos e ex-alumnos da Universidade Senior da Coruña, Coro Alegre Intermezzo de Pontedeume, Coral Alfaia de Santiago, Coro Asubío de Santiago, Coro Cardenal Quiroga da Catedral de Santiago e Coro de Amigos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Para a Orquestra Sinfónica de Vigo 430 este nadal é o momento de abordar a súa produción máis ambiciosa. Mañá sábado no Auditorio mar de Vigo máis de 150 músicos subirán ao escenario para interpretar a Sinfonía n. º 9 op.125 de Ludwig Van Beethoven, tamén coñecida como Coral. A formación estará dirixida polo titular da orquestra viguesa, Vicent Alberola. Xunto á orquestra destaca a intervención do coro tamén vigués Gli Appassionati, dirixido pola mezzosoprano Nuria Lorenzo que tamén formará parte do elenco de solistas composto ademais pola soprano Soledad Cardoso, o tenor Javier Agulló e o barítono Luís Cansino.

A Fundación Barrié presenta hoxe na súa sede de A Coruña un concerto a cargo da Orquestra de Cámara Galega que, dentro da súa actividade de investigación e recuperación de composicións musicales en risco de esquecemento, pon en escena obras pouco habituais de encontrar nos programas. Obras de Baermann, Larsson e Rakov soarán nesta xornada canda outras de Schubert ( Andante Allegro del Cuarteto nº 1), Mozart ( Cuarteto nº 2 versión orquesta), Piazzolla (Oblivion) e Rogelio Groba (Bagatelas).

Na Casa-Museo Rosalía de Castro tamén hai momento, mañá sábado 23 de decembro, para o tradicional Concerto de Nadal, que desta volta se celebrará no salón da Casa da Matanza e non no auditorio por mor das obras nos anexos. Os protagonistas serán o pianista vigués Cándido Cabaleiro -que tocará o piano da familia Castro-Murguía- e o barítono ourensán Eliseu Mera. O programa incluirá sete temas con textos rosalianos musicados por compositores galegos clásicos (como Juan Montes e José Baldomir) e contemporáneos (como Octavio Vázquez, Fernando Buide ou Juán Durán).

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer