Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Un CD e un concerto dan a coñecer a reconstrución musical das Cantigas de Santa María feita por Rosell

UNHAS NOVAS CANTIGAS

Un CD e un concerto dan a coñecer a reconstrución musical das Cantigas de Santa María feita por Rosell

ANTIGA | abril 19, 2006

not_7856.jpg

“Galicia e as Cantigas de Santa María” é o nome do CD coa versión das famosas cantigas afonsinas feita por Antoni Rosell para o Consello da Cultura Galega. Pero é moitas cousas máis, un traballo de cinco anos que xuntou a investigadores de diferentes universidades europeas, actores, músicos e intérpretes. Formaba parte dun ambicioso proxecto que, como explicou o presidente do Consello da Cultura Galega na presentación do traballo, Alfonso Zulueta de Haz, “non se puido realizar ao non conseguir os apoios necesarios”. Daquel proxecto fallido salvouse este traballo de reconstrución musical, arqueolóxica e lingüística que achegan unha interpretación das Cantigas diferente das que acostumamos a escoitar. Os que queiran escoitala en directo, teñen unha cita o vindeiro xoves, 20 de abril, ás 20:15 horas no Pazo de Xelmírez en Santiago.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega e sobre as Cantigas de Santa María na nosa hemeroteca


datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer