Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
A Fundación Curros Enríquez outórgalle a Luz Casal o Premio Casa dos Poetas
Xénero:
| 28 / 3 / 2022A Fundación Curros Enríquez outorgáballe este sábado 26 de marzo o XXXVIII Premio Celanova, Casa dos Poetas a Luz Casal. O xurado do galardón, presidido por Antonio Puga Rodríguez, destaca no seu fallo que a "longa traxectoria musical" da intérprete "que a ten convertido nunha das voces femininas de maior prestixio internacional da música española".
Novedades Carminha pisan o freo
Xénero:
| 21 / 3 / 2022"Decidimos que precisamos un descanso e por iso imos parar indefinidamente", así comunicaba hoxe o grupo Novedades Carminha a súa intención hoxe a través das redes sociais. A interrupción desta "etapa" de actividade non incluirá concertos nin xiras de despedida, segundo a banda " nin intentaremos sacarvos a pasta cun disco en directo ou un recopilatorio", din aos seguidores. O grupo desexa que este afastamento implique unha recarga de forzas que incite a botar de menos a actividade e "vernos de novo", indica sobre o futuro, "e se non, aí quedan os nosos discos", din referíndose aos 5 álbums que foron publicando nos seus 14 anos de carreira musical. Xustamente co seu derradeiro traballo 'Ultraligero' (Ernie Recordos, 2019), a banda acadaba nos Premios MIN 2020, da música independentes estatal, o éxito absoluto no panorama musical dese ano, coroada con tres a Mellor Álbum Pop do ano, Mellor Artista e tamén ao do Mellor Directo nacional. Os Novedades Carminha estiveron presentes en festivais e deron concertos por España, EE.UU. e México ante milleiros de persoas.
Chicharrón achega a súa obra máis íntima con Erosión
Xénero:
| 3 / 3 / 2022Unha tiraxe de 68 casetes, tantos como anos tería feito a nai de Alberto M. Vecino, cantante do grupo, este 1 de marzo, compón a edición física de Erosión novo lanzamento da banda Chicharrón. Na rúa desde o comezo deste mes, o álbum achega dez temas que o vocalista escribiu durante o último mes de vida da súa nai, gravadas na mesma orde en que se compuxeron.
Lucía Aldao comparte a súa 'Pava'
Xénero:
| 14 / 12 / 2021A poeta Lucía Aldao estréase na música en solitario cun proxecto de disco virtual propio. Nos últimos tempos estabamos afeitos a non disociar a Lucía da súa compañeira na poesía e nos escenarios , María Lado, no dúo Aldaolado. Agora Lucía Aldao (A Coruña, 1982) xa ten nas plataformas dixitais 'Pava', un disco de cinco temas propios que non aspira a converterse en disco físico senón puramente como cancións para ser escoitadas e descargadas, de tal xeito que mercar o traballo (para os 100 primeiros compradores) supón recibir o dereito de descarga das cancións e a escultura realizada pola artista Laura Pazos para ilustrar a portada do traballo.
Berto debuta en solitario con Viaxe ao espazo interior
Xénero:
| 26 / 11 / 2021Cando pasou pouco máis dun mes desde que o dúo Verto anunciou unha pausa na súa actividade, un dos seus compoñentes Alberto Mira, Berto, presenta o seu primeiro traballo en solitario. Viaxe ao espazo interior está dispoñible desde as cero horas deste 26 de novembro nas principais plataformas dixitais.
A Reixa trae ao galego as historias de Little Neno
Xénero:
| 28 / 9 / 2021As aventuras dun cativo que, cada vez que soña, coñece unha banda histórica da música pop e rock. Esta é a premisa da colección "Little Neno", unha proposta que procura achegar os máis cativos á música con textos de Dani Llabrés e debuxos de Jaime Pantoja, e que agora ve a luz na nosa lingua. A tenda compostelá A Reixa dá o paso á edición cos dous primeiros volumes do proxecto, Little Neno descobre os Beatles e Little Neno descobre os Rolling Stones.
Anxo Araújo ten un plan musical para o optimismo
Xénero:
| 20 / 7 / 2021O disco de debut en solitario de Anxo Araújo, Plan de urbanismo para un novo couto mixto (Autoeditado, 2021) supón unha aposta por un pop contemporáneo en galego, inzado de detalles de produción con ventos, electrónicas e outras texturas que achegan un son preciosista.
Secho presentáse con 'Recuperar'
Xénero:
| 16 / 6 / 2021Serxio Castiñeiras "Secho" presenta hoxe o seu disco Recuperar (Autoeditado), un conxunto de cancións moi persoais que se moven entre o pop, o indie ou o folk, nunha nova voz para a música en galego. Despois de estrear o pasado mes o videoclip dun dos temas deste traballo -As Sensacións- o músico e compositor amósanos agora por completo este traballo de presentación, once temas de corte intimista nos que conta con colaboracións de artistas como Guadi Galego, García MC ou Sabela Galván. Secho escribía cancións para si mesmo desde os albores deste século ata que en 2009 a banda Medomedá, coñecedora destes tesouros agochados, convídao a abrir un dos seus concertos en Compostela. De aí xurdiron outras actuacións, colaboracións e tamén a primeira formación, composta por músicos de Medomedá e Ruxe Ruxe. Agora Secho comeza unha nova etapa con este Recuperar, o seu primeiro traballo en solitario, gravado con Iago Pico, con arte de David Cuence e rodeado de músicos como Dani Riveiro (batería e percusión), Lois Carlín (baixo) e Tomás Porteiro (guitarra eléctrica).
Verto publica Embora, o seu segundo álbum
Xénero:
| 9 / 4 / 2021Este nove de abril chegaba ás redes Embora, o segundo traballo do dúo Verto. Berto Mira e Fer Peleteiro afondan na súa aposta de technopop sen complexos, con frontes influxos dos anos 80, en catorce novos temas nos que o desamor marca o ton de moitas letras. Como contrapunto, ritmos alegres, toques funky como os de Que pensas?, solos de guitarra e autotunes manteñen o ton luminoso de temas como Quérote atopar ou Como Son Goku. Gravado na casa e autoeditado, o álbum foi masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters. Todos os temas están dispoñibles na rede en plataformas como Youtube ou Spotify. O grupo presentará o álbum o vindeiro 21 de abril cunha actuación no ciclo Lugo Cultural.
Maneiro presenta en vídeo o seu terceiro álbum en solitario
Xénero:
| 30 / 3 / 2021Javi Maneiro volve alimentar de gravacións o seu frutífero percorrido en solitario comezado en 2017 con aquel Furtivos, neste acaso ademais o barbanzán busca ofrecer algo diferente, acorde aos tempos e presenta o seu terceiro traballo no formato videoálbum. Nove temas escritos e compostos polo propio Maneiro, algún deles recollido de anteriores traballos, conforman Palabras de un desconocido que xa está dispoñible en YouTube, cunha duración de 40 minutos no vídeo que reúne todas as cancións. Maneiro presentaba este disco a pasada semana en O Naútico de San Vicente, e despois o videodisco estivo dispoñible en exclusiva na web de Toxo Telecom, produtores do traballo.
REPORTAXE

Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos