Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Indie
Música Indie
Xoel López retrata o seu momento vital no novo álbum 'Sueños y Pan'
Xénero:
| 17 / 11 / 2017Con só botar unha ollada á lista de cancións do novo disco de Xoel López Sueños y Pan (Altafonte baixo licenza exclusiva de Esmerarte) sabemos que estamos ante un traballo diferente do artista coruñés. Cada un dos dez temas que conforman este traballo denomínase cunha soa palabra, practicamente todas substantivos agás Durme, unha nana en galego dedicada ao seu fillo. Esta proposta nominativa desvela un concepto e un momento diferente que se deixa sentir nas letras e nas melodías deste álbum que é "moi Xoel" pero é diferente na actitude tamén respecto aos dous anteriores Paramales (Esmerarte 2015) e Atlántico (Esmerarte 2012). Sueños y pan está desde hoxe nas plataformas dixitais e López fará unha presentación esta mesma noite no Fnac de Callao, en Madrid. Na capital do Estado gravouse este trababalo e á cidade e ao vencello que o liga a ela dedica tamén unha canción o coruñés neste. Poderiamos dicir que este é o disco máis luminoso e que máis mira ao presente debuxando unha sorte de instantáneas a través das que se retrata unha nova etapa non só profesional senón tamén vital a nivel persoal do artista. A nota máis nostálxica a pon a outra canción en galego neste disco, Serpes, falando das saudades infantís na súa terra. O músico coruñés segue dando mostra do seu estilo musical particular mesturando con naturalidade o pop con sons latinoamericanos e galegos, incluíndo a gaita nalgún tema como nun dos temas adiantados estas semanas, Jaguar. A xira oficial de presentación deste traballo comezará en marzo de 2018.
Eladio y Los Seres Queridos cociñan 'Historias de caza' con receita caseira
Xénero:
| 3 / 11 / 2017Hai un Eladio y Los Seres Queridos anterior a Cantares(Autoeditado, 2016) e outro posterior. Historias de caza (Autoeditado, 2017) é o primeiro traballo desta etapa e xa está á venda a través da súa web e dispoñible nas plataformas dixitais desde este 1 de novembro.
Volven Igloo co novo traballo 'Aquellos maravillosos daños'
Xénero:
| 2 / 11 / 2017Igloo volven pero nunca marcharon, Aquellos maravillosos daños (La Alianza Rebelde Producciones, 2017) é o sexto longa duración da súa prolífica carreira, dous anos despois do seu anterior disco Igloo2 (2015). Xa pasaron anos desque os de Caldas de Reis se fixeron un oco na escena musical indie e alternativa formando parte incluso do cartel dunha das primeiras edicións do Festival Sinsal cando era un evento urbano en 2008. O proxecto Igloo segue adiante e moi vivo doce anos despois do seu primeiro disco homónimo Igloo (2005) e estes días comeza a presentación do seu novo traballo gravado e producido por eles mesmos e editado por Ernie Records.
O Atlantic Fest avanza importantes cambios para o 2018
Xénero:
| 10 / 10 / 2017A organización do festival da Illa de Arousa, o Atlantic Fest, ven de facer público un "manifesto" co que avanza importantes cambios para a súa vindeira edición o 29 de xuño do 2018. "Despois de finalizar o Atlantic Fest deste ano, pasamos estes dous meses escoitando o feedback dos asistentes e traballando xa, nas melloras de moitas areas. Estamos absolutamente comprometidos en facer que todos os que asisten a Atlantic Fest vivan unha fantástica experiencia", aseguran os organizadores. Como todos os eventos multitudinarios deste tipo, e máis cando duplican dun ano ao seguinte a asistencia, o festival no 2017 recibiu puntuais críticas nalgúns aspectos da súa organización. Pero estes comentarios razoados non caeron no saco roto para a organización que fai así propósito de emenda e xa avanza solucións e cambios para a vindeira e terceira edición.
Bifannah saca o seu primeiro LP 'Maresía'
Xénero:
| 23 / 6 / 2017Bifannah é un proxecto recente nacido da cabalo de varios sitios: Barcelona, Londres e Galicia. Formado por catro músicos galegos Antía Figueiras, Antón Martínez, Guillermo V. Zapata e Pablo Valladares no pasado ano sacaron á luz un EP autoeditado e comezaron am overse en concertos por toda a península. A súa proposta de pop psicodélico e garaxe faise usando o portugués nas letras como idioma vehicular. O grupo ven de presentar este mes o seu primeiro disco de longa duración en vinilo Maresía, un traballo con once temas gravado nos estudios Terraforma de Hío (Pontevedra) por Ibán Pérez, que tamén colaborou coa trompeta nun dos temas, mesturado por Jasper Geluk en Holanda e masterizado por Javier Ortiz en Estúdios Brazil. O disco está publicado baixo o selo independente The John Colby Sect no que tamén están outras bandas galegas como Nave Nodriza e Srasrsra. A panoplia sonora deste disco vai desde os tons máis escuros e propiamente garaxeiros ate luminosidades pscodélicas tropicais. A banda defenderá agora o seu traballo en varios directos que os levarán en verán por varias citas na nosa comunidade como o Felipop de Limodre, o festival V de Valarés e o Nororeste Estrella Galicia da Coruña.
Atrás Tigre salta á escena con Fainos saír
Xénero:
| 30 / 5 / 2017Un ano despois do seu EP de presentación, os composteláns Atrás Tigre presentan o primeiro álbum de longa duración. Fainos saír achega dez temas de pop cheos de guitarras e sintetizadores e letras de lírica coidada. Ademais das composicións propias, o disco adapta textos de Estevo Creus e de Aníbal Núñez, e integra en Este é o rostro tema versos de Olvido García Valdés e de Gonzalo Hermo. Os compoñentes habituais do grupo, Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves, voz), Olalla Cociña (teclados, voz), Xiana Arias (baixo, voz) e Lois G. Carlín (batería) incorporaron para as gravacións no Estudio Terraforma do Hío a Ibán Pérez (trompeta) e José Ramón Rocha (cello). O disco, que viu a luz da man de Triunvirato o pasado día 20 logo dunha preestrea en Rockdeluxe está dispoñible en plataformas dixitais e nunha tiraxe limitada de 250 copias en vinilo de 12".
Nigrán terá festival de música indie o primeiro verán sen Portamérica
Xénero:
| 29 / 3 / 2017En xaneiro coñeceuse que o festival PortAmérica se trasladaba este ano a Caldas e deixaba atrás o seu emprazamento inicial en Nigrán, no parque empresarial de Porot do Molle. Esta circunstancia sen embargo non deixará a Nigrán sen unha cita musical de verán e ven de confirmarse a celebración dunha nova cita, o festival Vive Nigrán, co que pechará o mes de agosto. Os días 26 e 27 de agosto, un sábado e un domingo, celebrarase este evento que ofrecerá un cartel de música “indie” no campo de fútbol de Praia América. Vive Nigrán insírese no circuíto de festivais en na campaña RiasBaixas Fests da Deputación provincial que o financiará en parte. O festival, do hoxe informa en detalle El Faro de Vigo, estára organizado pola produtora viguesa la10@planta, dirixida polo músico Juan Rivas. Ademais de música o festival ofrecerá actividades tamén para cativas e outras ofertas habituais deste tipo de eventos como postos de mercado e de comida.
Triángulo de Amor Bizarro trunfan nos premios da música independente
Xénero:
| 29 / 3 / 2017Os grandes triunfadores da noite dos IX Premios MIN da música independente foron os barbanzáns Triángulo de Amor Bizarro. O grupo estaba en todas as previsións despois do éxito de recoñecemento acadado co su disco Salve discordia e acabou a noite levantando catro galardóns. TAB, presentes na gala, recolleron o premio Flooxer ao mellor álbum do ano, o premio Gibson ao mellor disco de rock o premio Radio 3 ao mellor artista e o premio outorgado á mellor produción para Carlos Hernández polo seu traballo feito en Salve discordia. TAB era finalista en sete dos premios deste ano. Na categoría de Mellor álbum en galego, foi a banda viguesa Eladio y los Seres Queridos a que levou o premio por Cantares, o disco no que revisita cancións populares desde o seu son pop. Novedades Carminha era finalista en catro categorías pero non conseguiu acadar ningún dos galardóns. A gala, organizada desde a Unión de Fonográficas Independentes retransmitiuse en directo a través da canle virtual Flooxer.
O festival El Loro Facu presenta o cartel completo da súa nova edición en xullo
Xénero:
| 28 / 3 / 2017O Festival El Loro Facu da localidade coruñesa de Miño ven de presentar xa o seu cartel completo para a edición deste ano. Os días 28 e 29 de xullo catorce bandas, a maioría delas galegas, encherán de música independente e ritmos variados este festival que celebra a súa segunda edición no Porto de Miño. O cartel está encabezado polos veteranos Siniestro Total pero tamén están o rapeiro sevillano ToteKing , Guerrera, Igloo, Terbutalina, Familia Caamagno, Ataque Escampe, The Parrots, Thee Blind Crows, Ricky Hombre Libre, White Bats, os locais The Artificieiros, os asturianos The Attack of the brain eaters e Superoito. Os abonos a prezo superreducido xa se esgotaron e agora están a venda as entradas anticipadas por 25 euros o abono dos dous días.
Escuchando Elefantes presenta o seu terceiro disco 'Hope'
Xénero:
| 21 / 3 / 2017O dúo Escuchando Elefantes presentará este venres en concerto no Playa Club da súa cidade, Coruña, o seu novo disco Hope, o terceiro do seu currículo. O disco xa está en formato dixital en todas plataformas desde o pasado venres e algúns dos seus temas foron adiantándose en vídeos desde hai meses, como Anyway. A base de percusión e guitarras Silvia Rábade e Carlos Tajes defenderan os seus temas nos escenarios na xira que agora comezan e que en parte farán como teloneiros do irlandés Glen Hansard na súa xira española. Os dez temas de Hope están cantados en inglés e preséntanse cun aire máis eléctrico que os anteriores traballos do dúo coruñés, algo máis achegado ao rock que ao folk americano como nos anteriores. Tras este concerto Escuchando Elefantes irán aGranada e non será ata o primeiro de abril cando poidamos escoitalos de novo en terras galegas en Ferrol. O disco en formato CD pode adquirirse a través da súa páxina web.
REPORTAXE

Conectad@s coa música
Data.O selo discográfico galego Falcatruada avanza cara á súa internacionalización grazas ás novas posibilidades de internet