Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Hip-Hop
Música Hip-Hop
Aid achégase aos clásicos das letras en Rapoemas
Xénero: AUDIO
| 5 / 7 / 2012 +A Feira do Libro de Vigo acollía o pasado mércores a presentación de Rapoemas, o novo traballo da rapeira Aid. O libro-disco, editado por Galaxia contén 10 cortes nos que se adaptan ao hip-hop temas como A xusticia pola man, Castellanos de Castilla..., O maio, O cabozo ou Cantarte hei, Galicia. Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Manuel Antonio son os autores que se adaptan neste proxecto, que conta con arranxos e composición de Camilo Blanco Pampín.
Rimar os títeres
Xénero:
| 18 / 4 / 2012Ensinar a facer rap e a construír e manexar monicreques. Esta é a proposta do proxecto Titirihop, que aúna as forzas da compañía Viravolta coas de García, voz de Dios Ke Te Crew. O proxecto está a percorrer Galicia da man do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xa se poden consultar na rede algunhas das pezas que saíron destes obradoiros.
Coke Céspedes protagoniza o novo disco do MC El Puto Coke
Xénero: AUDIO
| 7 / 3 / 2012 +O retorno do artista vigués El Puto Coke ao micrófono despois de seis anos dedicado á produción e ás colaboracións xa está nas tendas editado finalmente a través do seu propio selo LicorKafé. El Puto Coke presenta:Coke Céspedes é o título deste traballo, talvez o máis íntimo e persoal do MC con quince temas de hip-hop gravados nos estudios Abdala da Habana.
Anubis Metal Jack publica Nuevo Testamento
Xénero: AUDIO
| 5 / 1 / 2012 +O dúo formado polo vocalista Anubis e mais o produtor Salvador Medina acaba de autoeditar o seu cuarto disco, con data do 1 de decembro. A obra sae cunha edición limitada de cen copias en formato digipack e achega dezaseis novos temas. O disco gravouse en Abrigueiro Estudios, coa colaboración técnica de Arturo Vaquero, e conta con colaboracións de Block Mccloud (Army of the pharaophs), Dj Waxwork (ex-Snowgoons), Blue Vagos, Soker A.K.A El Mal Agüero, Pániko en las calles, Xoko Suizo e Raptus. No web da banda está dispoñible xa o video do tema Oración de lucha.
Dios Ke Te Crew saca a rúa o seu agardado segundo disco Humanose
Xénero:
| 20 / 7 / 2011Desde hoxe está a venda o novo disco da formación ordense de hip-hop Dios Ke Te Crew. Humanose está editado por Boa Music, a discográfica máis importante do hip hop da península e que está dirixida polo galego Fernando Luaces. Este é o seu segundo traballo despois do autoeditado Xénese en 2006 do que chegaron a vender máis de 7000 copias. O colectivo, un dos máximos expoñentes do rap en galego desde os seus inicios en 2003, segue a manter en Humanose a súa actitude contestataria e crítica nas rimas, politicamente incorrecta e chea de aceda retranca. O grupo quere ofrecer no novo disco unha mellora na calidade da súa música: non só as bases e os textos dos 13 temas enganchan á primeira, ademais non aforraron en medios, sirva coma mostra a masterización en Masterdisk (NYC) por Tony Dawsey (Nas, Jay-Z, Redman, Gangstarr, Das EFX...). Tamén o formato físico do CD busca sorprender deseñado por dous recoñecidos artistas do street art: Liqen e Sekone, trátase dun dixipack de 3 corpos que inclúe un póster 36x36cm e un libreto con información.
Os ourensáns 96ers levan o Premio Hip Hop ao mellor grupo independente
Xénero:
| 14 / 12 / 2010Os Premios Hip Hop, considerados uns dos máis importantes neste estilo no país, contan cun grupo galego no seu palmarés deste ano. O grupo 96ers, do barrio do Couto, en Ourense, foron votados como mellor grupo independente do ano. O conxunto que leva dous anos en marcha, recibirá o seu galardón na gala que se celebrará o vindeiro 8 de xaneiro.
Azou inicia a súa xira
Xénero:
| 18 / 11 / 2010O proxecto de Ouvirmos e Control Z, o grupo Azou, é xa unha realidade. Unha serie de cástings seleccionaron os compoñentes do que é o primeiro grupo galego creado de xeito específico da man dunha iniciativa empresarial. Con algunhas modificacións, o proxecto inicia a súa xira o vindeiro día 19 no Grove, no seo do programa Bocaberta de dinamización lingüística. Actuacións en directo con cancións e coreografías, acompañados dun obradoiro de hip hop compoñen as citas. José Manuel Aldea, de Ouvirmos, explícanos como se concretou o proxecto.
O Microfest chega á súa oitava edición
Xénero:
| 4 / 11 / 2010Tres sesións de concertos os días 13, 26 e 27 de novembro compoñen a oitava edición do Micofest, o festival de referencia do hip-hop e da cultura urbana en Galicia. Tote King, Cookin´Soul e Swan Fyahwboy encabezan o cartel, que inclúe grupos como Shelar&Erin ou Seis Senseis. Ademais El Chojin impartirá un obradoiro de rimas o sábado 27.
¿A música tradicional do futuro?
Xénero: VIDEO + AUDIO
| 2 / 6 / 2010 +Conseguir un estilo con identidade propia, pero cun pé no hip hop e outro na música tradicional galega. Este é a aposta que está a facer o coñecido rapeiro vigués El Puto Coke a través de Licor Kafé Producións. Un ambicioso proxecto que está en marcha e que amosará os seus resultados de cara á fin do verán.
REPORTAXE

Na base do hip hop
Data.O colectivo Dios Ke Te Crew reúne todas as artes vencelladas ao hip hop nun proxecto único en Galicia