Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
Maryland presentan o seu cuarto disco 'Resplandor'
Xénero:
| 22 / 4 / 2019A banda viguesa Maryland está a presentar os temas do seu cuarto disco longo, Resplandor (Subterfuge, 2018). Despois de tres disco editados co selo galego Ernie o grupo ficah agora polo selo indpendente madrileño Subterfuge, un referente da esena independente española no que tamén editan bandas como Corizonas, Cycle ou Viva Suecia entre outros. Dez anos despois dos seus inicios musicais e con máis de 250 concertos ás costas Maryland volve apostar por cantar en castelán igual que no seu anterior traballo Los Años Muertos (Ernie, 2013) tras dous primeiros discos cantados en inglés. Dez temas de power pop de guitarra, enerxético e mantendo a frescura malia a condición veterana da banda. O disco, que sae en CD e en vinilo, está producido por eles mesmos e foi gravado por Pancho Suarez de Lis nos Estudios Planta Sonica II de Vigo e mesturado por Santi García nos Estudios Ultramarinos de Sant Feliu de Guixols. As letras falan de continuidade e do paso do tempo, normal dado o longo período de cinco anos pasados tras o anterior traballo. A banda está actualmente formada por catro compoñentes: os irmáns Rubén e Pablo Castelo Moure, Alex Penido (ex- The Blows, ex-Igloo, etc) e Erick Puccioni Gerke. Tras presentar en concerto en La Fábrica de Chocolate da súa cidade agora a banda iniciará unha xira de concertos.
Alba Messa estréase na longa duración Con todas las consecuencias
Xénero:
| 17 / 4 / 2019Bases electrónicas, produción coidada e letras moi persoais compoñen Con todas las consecuencias, primeiro álbum da cantante luguesa Alba Messa. A autora corre coa composición dos once temas dun disco autoeditado no que aborda temas como o amor, a relación cos animais ou a vida en xeral. Manu Chalud, Sasha Pantchenko ou Josh Tampico participan como produtores neste proxecto, do que acaba de ver a luz o primeiro vídeo, Será Será. Messa comezaba a pasada fin de semana en Lugo a xira de presentación, con datas confirmadas en Zaragoza, Valencia e Madrid para o vindeiros meses.
Os Amigos do Músicos presentan o disco 'Segundo fogar'
Xénero:
| 15 / 4 / 2019Os Amigos dos Músicos achan novo fogar nun novo disco. Case tres anos despois do seu disco de debut (Os Amigos dos Músicos, Gran Derby Records 2016) a banda ourensá presenta estes días tanto en plataformas dixitais como en tendas o novo traballo Segundo fogar (Todomedre,2019). A banda que conseguiu facerse un oco na escena pop do país entrando en numerosos carteis de festivais e conseguindo o Premio Martín Códax en 2017 na categoría POP/Indie aumenta a súa aposta por un son máis folk, aínda que mantendo bases do pop, en galego e apegado á terra e a tradición as través dos dez temas que conforman este traballo. O disco do sexteto (Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo, Álvaro A. Rivera.) preséntase ao igual que o primeiro como un traballo de gran coherencia sonora e virtuosismo instrumental, no que as composicións corren a cargo de varios dos seus seis compoñentes. Nunha delas, Bicarelo, ademais tiran para a letra dun poema do poeta Uxío Novoneyra. O primeiro concerto onde o grupo defenderá en directo Segundo fogar será en Lugo, o 18 de maio dentro do programa do FaCeLa fest.
Familia Caamagno presentan o seu novo disco 'Había que intentalo'
Xénero:
| 12 / 4 / 2019Como xa ocorrera co seu anterior traballo discográfico, os sigüeiráns Familia Caamagno elixiron a Sala Capitol de Santiago para a presentación do seu novo traballo Había que intentalo (Folc Records). Estes sábado 13 de abril a banda convocará aos seus fieis e celebrar a ocasión oficialmente, acompañados ademais por outra banda da corda, os Oh Ayatollah!. A banda de power pop en galego mantén a súa liña sonora bailable, divertida e chea de enerxía e a súas letras contemporáneas apegadas ao territorio e á vida real. O novo álbum, que xa está nas plataformas dixitais, está formado por oito cancións e máis un bonus track, cos que achegan novos himnos, coma Castromil, O peor non son os cartos ou Un día espectacular. Dialogando cos seus discos anteriores, continuístas no rock & roll de inspiración 60’s pero cun afán renovador: Tabernas e rotondas, Cocogualla e Proceso Soberanista. O novo traballo, o terceiro disco editado pola banda, está gravado entre os días 2 e 7 de febreiro nos estudios Circo Perrotti de Xixón. Ao igual que os dous anteriores está producido, mesturado e masterizado por Jorge Explosión, agás o corte Canción Moderna de Occidente, que está producido, gravado e mesturado por Hevi no Laboratorio Soyuz e masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters (Berlín) en maio de 2018.
Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha
Xénero:
| 18 / 2 / 2019Se do anterior traballo de Novedades Carminha (Campeones del mundo, 2016) xa se podía falar dunha aposta pola lixeireza e a música bailable, a banda compostelá afonda agora nesta liña festeira e xa vai de fronte co nome do seu quinto disco: Ultraligero (Ernie Records, 2019). Atrás quedaron aquelas posturas punk dos seus dous primeiros discos editados co selo Lixo Urbano e agora Novedades abraza o pop de xeito desprexuizado e aberto. Melodías bailables que certamente lles abriron a porta dos festivais e lles proporcionan cheos en moitos dos seus concertos, mesmo en recintos de aforo considerable así como recoñecemento por parte da crítica independente, grazas tamén ás súas letras sempre ácidas ("blandito por dentro y chulito por fuera", cantan), iso segue a ser marca da casa. Ultraligero preséntase cos seus once temas como "un devocionario pop" e unha recompilación de “hits” na que podemos escoitar cancións que o grupo xa foi incorporando aos seus concertos e ten presentado en xeito de videoclip nos pasados dous anos, como Te quiero igual coa colaboración nas voces de Alba Galocha, Verbena, Ya no te veo con Dellafuente, ou a versión de A Santiago voy, para a que contaron con Esteban & Manuel.
Dardos lanza a Xoana no panorama musical galego
Xénero:
| 7 / 2 / 2019Con só vinte anos Xoana presenta o seu primeiro álbum en solitario. Inquedanzas Sonoras lanza Dardos, un disco con dez temas en galego no que a reivindicación se mestura con ritmos de jazz, funk ou soul e aires pop. Segundo explica a cantante do Porriño o álbum "xurdiu como unha proposta que axude a proporcionarlle á nosa lingua uns aires renovados que demostren a súa capacidade de desenvolverse en calquera eido e de tratar todo tipo de temáticas". As cancións "terman dunha mensaxe social e expresan queixas directas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos". Geneve escorts Violencia de xénero, emigración, a lingua, a amizade ou o amor preséntase como algunhas das temáticas dos cortes.
La Casa de los Ingleses sacan brillo ao pop no seu primeiro LP
Xénero:
| 27 / 6 / 2018A banda pontevedresa La Casa de los Ingleses xa ten dispoñible á venda e en plataformas dixitais o que é o seu primeiro longa duración, La Tierra es plana (2018). O grupo autoedita o seu traballo que ven recoller a estela daquel primeiro EP de 2015 . Independentes na edición da súa música (apoiados por un crowfunding) e "indies" no son do seu pop, La casa de los Ingleses xa tivo ocasión estas pasada semana de presentar os seus novo temas en concertos "na casa". O festival Surfing the Lérez de Pontevedra e máis recentemente a festa de San Xoán no chiringuito Aguete en Marín, foron os lugares elixidos para amosar ao público os temas deste disco gravado nos Garate Studios en Andoain-Guipuzkoa e con produción de Juan Hernández. Oito temas de pop dinámico, guitarreiro, luminoso e vibrante, conforman este novo álbum do que se presenta como avance o tema Nunca lo veremos cun lucido vídeo clip de animación con ilustracións de Ana Seoane, realizado por ela mesma e Jose Aragunde. Cabe destacar na nosa perspectiva, o uso do galego para un dos temas: Nalgunha parte., unha peza de pop clásico moi ben desenvolvida con aires oitenteros. Tamén hai lugar no disco para as baladas como é o caso de Aguete 145 e Tan iguales. As principais bandas españolas de pop-rock indie aparecen entre as súas influenzas o que leva a considerar moi familiar o son que ofrece La casa de los Ingleses, pero é tanto nas súas narrativas letras como nas alternancias de protagonismo entre os instrumentos de Anxo, Carlos, Charly e Xavi onde os pontevedreses marcan as súas diferenzas propias así como no manexo vocal do propio Anxo.
Pauliña preséntase no panorama musical con De-Xeneración
Xénero:
| 18 / 6 / 2018Desde Cambados chega Paula Chave, Pauliña a engrosar a listaxe de músicas que traballan na nosa lingua. Os oito temas de De-Xeneración son a carta de presentación desta artista que mestura country, folk, blues, pop e soul en galego. Cancións que apostan pola enerxía e a reivindicación e que ven a luz da man de Xoinx Records. Gravado nos estudios desta firma en Bandeira, o tema de presentación, Non é ficción contou coas colaboracións de Heredeiros da Crus e Os Diplomáticos de Monte Alto, entre outros. Lolo Arinción, Francisco Montoto, Julián Gullón e Iago Jorge compoñen a banda que acompaña a Pauliña neste primeiro lanzamento.
Nicolás Pastoriza ofrece valor musical engadido co disco 'PyME'
Xénero:
| 14 / 6 / 2018O músico vigués Nicolás Pastoriza volve á carga con PyME, un novo traballo autoeditado que presenta este sábado en concerto no Museo do Mar e que sae á venda en formato de dobre vinilo con edición limitada. O novo disco, que aparece coa fasquía dunha declaración de I.V.E. como portada, ábrese co tema Ovnis entre Cíes y Nigrán no que o músico fai homenaxe á temática da ciencia ficción que xa ten explotado en outros traballos anteriores e mesmo na súa época á fronte do grupo Ectoplasma, na mesma liña tamén está no álbum o tema Poltergeist. Para Ovnis entre Cíes y Nigrán, primeira mostra escoitable do disco, Pastoriza conta coa colaboración nas voces de Iván Ferreiro, quen foi produtor do disco Poetas & Motocicletas (autoeditado) que Nicolás Pastoriza presentou en 2013. Os dezaseis temas de PyME son da autoría do músico vigués e graváronse no seu estudio doméstico, mentres que a mestura e masterización levouse a cabo nos Estereoarte estudios da cidade olívica. Ao longo deste traballo, o quinto da súa carreira en solitario, o vigués ofrece un pop elegante e traballado, tanto nas letras como nas melodías, que fuxe de simplismos sen rexeitar a sinxeleza necesaria do xénero pero presentando un resultado sofisticado e algo melancólico ás máis das veces. A presentación está prevista ás 20:30 horas e contará tamén coa colaboración de Brais Iriarte, Sergio Martínez Puga e Marcos Rivera no directo.
Basanta comparte rituais atávicos en 'Colorama'
Xénero:
| 2 / 5 / 2018Na tradición hindú o Basanta Panchami é un día de celebración que marca a fin do inverno e celebra o aniversario da deusa Saraswati, nai da sabedoría, a fala e a música. En feliz coincidencia tamén é o apelido do músico Roy Basanta, ex-vocalista dos desaparecidos The Blows, e foi a palabra elixida para dar nome a un novo e singular proxecto de banda que agora ven de sacar ao mercado o seu primeiro disco longo. Basanta, o grupo, xa ten dispoñible o seu álbum Colorama (C4Music, 2018). Once temas máis un conforman este traballo presentado recentemente en concerto no eido do festival vigués Super Bock Under Fest e que xa está dispoñible en vinilo e nas plataformas dixitais.
REPORTAXE

Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos