Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Indie
Música Indie
O Festival do Norte presenta o seu cartel
Xénero:
| 3 / 3 / 2011Xa se coñece o cartel completo do Festival do Norte. A organización facía pública esta mañá as incorporacións de The Wave Pictures, Ellos, McEnroe, SraSrSra, Diadermin, Iván Dj (da Sala Karma) e Juan Dj (de La Iguana) que se suman ás actuacións xa anunciadas. London Guns, Triángulo de Amor Bizarro, Peter Hook, Sexy Sadie, !!! (Chk Chk Chk) ou Guille Milkyway Dj entre outros. O evento celebrarase os vindeiros 6 e 7 de maio no recinto de Fexdega, en Vilagarcía.
Igloo presentan Infinito 3, o seu cuarto disco
Xénero: VIDEO + AUDIO
| 24 / 2 / 2011 +Infinito 3 é o nome co que Igloo presenta o seu cuarto disco logo de dous anos no que o grupo viu reforzada a súa carreira con destacados recoñecementos a nivel estatal. Como grande novidade, o proxecto incorpora por vez primeira guitarra acústica e inclúe arranxos de cordas, con chiscadelas aos anos oitenta, e letras nas que se percibe desarraigo e melancolía. Infinito 3 está editado por Ernie Producciones e foi gravado nos estudios Planta Sónica II de Vigo e Litium de Pontevdra. O concerto de presentación será este sábado 26 de febreiro no festival Melindie, en Melide.
Comeza o IX Festival Sinsal
Xénero:
| 18 / 1 / 2011O Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo acolle sábado o concerto inaugural do IX Festival Sinsal. A arpista norteamericana Joanna Newsom inicia ás 21h a súa actuación, que abrirá Ryan Francisconi. Newsom está a revolucionar o panorama do folk independente no seu país co seu álbum triplo Have on me. A organización irá anunciando en vindeiras datas o resto de actuacións previstas ao longo do ano.
Mondo Sonoro pon a Triángulo de Amor Bizarro entre os dez mellores discos nacionais do ano
Xénero:
| 3 / 1 / 2011No seu número de xaneiro de 2011 a revista musical especializada Mondo Sonoro fai un repaso do ano rematado, apuntando as súas listas de mellores discos, internacionais e nacionais . Nesta última lista o disco Año santo (Mushroom Pillow) de Triángulo de Amor Bizarro sitúase como sexto mellor álbum nunha lista con corenta discos na que ademais é a única representación galega. Os coruñeses TAB volven situarse unha vez máis entre as mellores bandas do ano como xa fixeran co seu primeiro disco no 2007. Nos destaques por comunidades autónomas Mondo Sonoro salienta en Galicia o disco de electro-rock Too many knobs de Colectivo Oruga e a “demo” de Telephone Rouges. No seu resumo mencionan o impulso da música en Galicia polo efecto do Xacobeo sobre os grandes concertos e valoran positivamente o posible asentamento dos festivais Vigo Transforma, Sonar e Xacobeo Importa.
Igloo abrirá o concerto de Franz Ferdinand en San Sebastián
Xénero:
| 18 / 10 / 2010O coñecido grupo Franz Ferdinand contará no seu concerto en San Sebastián, o vindeiro 6 de novembro, cun conxunto galego para abrir a actuación. Igloo venceu no certame que se convocara para seleccionar os asistentes do conxunto británico. A banda galega impúxose o pasado xoves nunha reñida final aos grupos Estereotypo, Matiné e Tom Bennet, que foron escollidos mediante votación por Internet. Un xurado composto por profesionais da música, xornalistas e membros da organización foron os responsables da selección final.
Triángulo de Amor Bizarro celebran o seu particular Año Santo
Xénero: VIDEO
| 22 / 6 / 2010 +O Triángulo de Amor Bizarro de Año Santo (Mushroom Pillow, 2010) está formado por catro caras, despois da marcha do anterior batería, Julián Ulpiano, entrou no seu posto Rafael Mallo e aos teclados agora contan coa achega de Oscar Vilariño. A banda establecida no Barbanza mantense fiel aos seu particular son “ruidista” que tan boas críticas conseguiu cos seus anteriores traballos, e en Año Santo ofrecen dez novos temas para a versión editada en vinilo –un máis que no CD- e que xa está a venda desde o pasado mes de maio comezando polo avance da canción de la monarquía a la criptocracia. A banda xa está a ofrecer concertos deste traballo e xa tivo unha xira mexicana, país no que antes xa obtivera recoñecemento. Año santo é o segundo disco de cancións orixinais ademais de varias maquetas e un recompilatorio e o seu recibimento pola prensa especializada está a ser moi bo.
Igloo consegue o Premio do público nos II Premios de la Música Independiente
Xénero: VIDEO
| 15 / 6 / 2010 +Con máis de once mil votos recollidos a través do sitio web de Radio 3 RNE, catro mil máis que o seguinte competidor na lista final, os Igloo recollerán o Premio Especial do Público por La transición de fase (Ernie records, 2009) na segunda edición dos Premios de la Música Independiente convocados pola Unión Fonográfica Independiente (UFI). A falta de coñecer o resultado das votacións no resto das categorías , que non se desvelará ata a gala de entrega de premios a primeiros de xullo, Igloo é única proposta musical de Galicia que xa conta cun dos galardóns. Nuns resultados parciais feitos públicos o pasado 9 de xuño o álbum Piano Solo de Abe Rábade apuntábase como gañador na categoría de Mellor álbum de Jazz na que competía, entre outros, co disco Soños e delirios de Lucía Martínez Cuarteto. A presenza de artistas galegos nos finalistas completábase con Los Reyes del K.O. e Tradicción (Falcatruada, 2009) de Nova Galega de Danza.
Niño y Pistola disfrázanse para o seu terceiro disco
Xénero: VIDEO
| 16 / 2 / 2010 +Sae á venda desde hoxe o novo CD da banda Niño y Pistola e sendo Entroido poderíamos dicir que sae disfrazado como Arthur & the Writers dándolle aos novos temas do grupo unha “historia” de contexto. Neste traballo autoeditado pola banda a través do selo Ernie Records – o primeiro saíu con Mulberry e o segundo con Astro- a banda créase alter-egos e mesmo unha historia sobre un poeta falecido, así como toda unha narración na que sitúan os seus principios en Iowa. O disco terá, ademais da tirada inicial de 1000 copias en Cd, unha distribución dixital e prevén sacalo en vinilo na primavera. A gravación fíxose nos estudios Casa de Tolos de Val Miñor coa produción de Segundo Grandío e Niño y Pistola. O vindeiro concerto de presentación será en Baiona, no Marrucho, o 26 de febreiro.
Caixa Galicia repite o programa Vangardas Sonoras pensado para o público indie
Xénero:
| 22 / 12 / 2009Dominique A será o encargado de abrir na Coruña o ciclo Vangardas Sonoras, co que a Fundación Caixa Galicia trae o mellor da música independente a Galicia. Os concertos terán lugar de xaneiro a maio en Vigo, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Santiago no que haberá nomes como Giant Sand, The Duke& The King, These New Puritans, Annie B. Swweet e Castanents.
REPORTAXE

Conectad@s coa música
Data.O selo discográfico galego Falcatruada avanza cara á súa internacionalización grazas ás novas posibilidades de internet