O filme de contido político, O estudante protagoniza hoxe a carteleira de Cineuropa. Logo de trunfar nos festivais de Locarno e de Bos Aires, incorpórase á recta final de Cineuropa. O programa de hoxe tamén permite ver o último filme de Robert Redford, O conspirador (inspirado no asesinato de Abraham Lincoln) e de Ken Loach Route Irish (sobre a guerra de Iraq). Ademais, hoxe é o último pase de O artista, que xunto con O neno da bicicleta e A guerra está declarad", son as favoritas para o Premio do Público. Ademais, a partir das 18:00 horas, o maratón sobre Elvis Presley en Hollywood na sede da Fundación NovacaixaGalicia.