culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Atentos á carteleira
Noticias
Atentos á carteleira
Bosquexo a cor do filme Enrugas

UNHA DECENA DE PRODUCIóNS GALEGAS ESPERAN A SúA ESTREA EN 2012

Atentos á carteleira


25 / 1 / 2012
Santiago. Redacción

A última produción de Xavier Villaverde (O sexo dos anxos), a gran aposta de Vaca Films (Invasor), a premiada longametraxe de animación Engurras… estas son algunhas das producións galegas que veremos na carteleira nas vindeiras semanas. Aposta forte pola animación e a coprodución como única saída nun momento no que as produtoras notan unha baixada no seu ritmo de traballo.

A primeira en chegar á carteleira é Engurras, que se estreará en salas comerciais o vindeiro venres. “É unha historia sobre a soidade das persoas, sobre a vellez… pero tamén sobre a familia” explicaba Paco Roca, autor da banda deseñada que Ignacio Ferreras adapta ao cine. Trátase dunha produción que chega ao público con dúas candidaturas para os premios Goya: a de mellor longametraxe de animación e a de mellor guión adaptado. A animación galega tamén espera estrea de varios títulos deste xénero. Un deles é de The Little wizard. O mago dubidoso, unha produción que tamén é finalista nos Goya e que conta a historia dun neno mago nado en Tui no século XII. A súa historia da pé a falar de aventuras nas épocas do vikingos e de reis protectores das artes máis dados ao amor e á lírica que ás guerras. Tamén para este ano se epera Meigallos a primeira longametraxe de Peque varela. Trátase dunha produción 100% galega que conta cunha axuda a desenvolvemento da Agadic. Completa o listado de filmes de animación que teñen prevista a súa estrea este ano a segunda parte de A tropa de trapo, que desenvolve Continental e Abano Producións.

Estreas de cine
A principios de maio chegará as carteleiras O sexo dos anxos, o último filme de Xavier Villaverde. Unha película de ficción que se estrará en salas despois dunha intensa campaña de promoción a través das redes sociais nas que lle permitiu aos usuarios contar historias, editar esceas…. O filme fala das relacións sentimentais, desde un punto de vista provocador e conmovedora a ritmo de break e funky. Carla (Astrid Bergès-Frisbey) e Bruno (Llorenç González) é unha parella que cre que ten repostas para todo ata que na súa vida aparece Raicreen (Álvaro Cervantes), un mozo atractivo e misterioso que vive á marxe das normas.

Rodada en 2011 e das que teñen prevista a súa aparición inmediata é Operación E a coprodución de Zircozine na que os produtores, Luís Tosar e Farruco Castromán, tamén participan como actores. O filme conta a historia dun campesino cocaleiro José Crisanto (Luís Tosar), que recibe o encargo de coidar de Enmanuel, o fillo que a Clara Rojas (Martina García) tivo cun guerrilleiro mentres estaba secuestrada. A FARC anuncian a liberación da nai e do fillo, pero o día previsto a guerrilla non sabe onde está o neno.
Este ano tamén se espera a estrea de Invasor, a gran aposta de Vaca Films. Produción de catro millons de euros, rodada na Coruña e que ten prevista a súa chegada a carteleiras para a segunda metade do ano. O filme conta a historia dun médico militar (Alberto Ammann) que regresa da guerra de Irak con feridas e problemas de memoria tras sufrir un altercado. Unha vez de volta, tentando memorizar o acontecido, pasan a súa cabeza fenómenos inexplicables que o levan a unha espiral estremecedora. Moito antes, para principios de marzo Vaca Films estreará outro título, Lobos de Arga, un filme rodado nos arredore de s a coprodución de Vaca Films que conta unha historia de homes lobo en clave de comedia. O filme, de cinco millóns de euros de orzamento, rodouse nos arredores de Santiago e conta con equipo técnico e artístico galego.

Outra produción que espera estrearse neste 2012 pero que aínda non comezaron a rodaxe é Inevitable de Adivina Producións que, baixo a dirección de Jorge Algora conta una historia de encontros e desencontros moi borgianos. O filme ten prevista a súa rodaxe en Galicia e en Bos Aires, nunha coprodución con Zarlek, empresa coa que xa ten colaborado en ocasións anteriores. É o caso tamén de Filmanova Producións que está a preparar un musical sobre

Menor ritmo
A maior parte das produtoras consultadas alertan dun menor número de traballos que se estrearán este ano. Filmanova este ano non ten prevista ningunha estrea, aínda que si ten proxectos en desenvolvemento que, como tal, dependen de apoio financiero para levarse a cabo. Susana Maceiras, responsable de Adivina Producións considera “non é que os prazos se dilaten máis no tempo que antes, senón que agora resulta máis difícil todo: os bancos prestan menos cartos, resulta máis complicado vender o proxecto, as liñas de axuda son menores…… é un pouco de todo ”. Neste sentido, Fernanda del Nido, de Tic Tac Producións, é máis pesimista con respecto ao panoramda “ao non haber unha política definida, todo se paraliza e o descenso do número de proxectos non é máis que un síntoma”. Ambas as dúas produtoras teñen proxectos en desenvolvemento e notan menos o parón da crise pero denuncian que hai produtoras que xa están a pechar.

Hoxe en culturagalega.org

A cita ten lugar do 28 de xuño ao 7 de xullo
Unha trintena de actividades compoñen a Mostra de Teatro Cómico de Cangas
Agadic convocará a axudas a produción audiovisual e escénica así como as de talento
Das cifras e das axudas
Os eventos Arteficial e DesOrdes Creativas recorren ao Crowdfunding para se financiar
O Bipolar Fest reúne 40 grupos na Coruña
Compite na categoría de mellor canción clásica
Un músico ourensán finalista nos Hollywood Music Awards
A obra sairá a venda o vindeiro 1 de xuño e presentarase en Viñetas desde o Atlántico
Demo publicará Operario de Jano
A banda viguesa publica o seu cuarto traballo con The Borderline Music
Aphonnic cumpre dez anos de discos con Heroes,
Oito compañías e oitos espazos,a metade galegos, fan parte do proxecto
Nace Troco por troco, un circuito de intercambio escénico entre Galicia e Portugal
O Consello da Cultura Galega presenta LEME, unha aplicación móbil para descubrir a cultura galega
Dous dedos para descubrir o territorio
Arturo Pérez Reverte e Petros Markaris levan os galardóns estatal e internacional
Pedro Feijóo imponse no XIX Premio Arcebispo Juan de San Clemente
Unha exposición exhibe en Ponferrada a obra de artistas galegas e leonesas
As creadoras enrédanse
Está na Zona C ata o vindeiro 20 de xuño
Antón Lopo reflexiona sobre a súa estadía Essaouira no seu último proxecto
O premio APlus recoñece unha ducia de obras de ámbito estatal
Un estudo compostelán gaña un premio nacional de arquitectura por unha escola infantil
A AGPI organiza este encontro o vindeiro sábado 22 en Compostela
O I Debate sobre o Estado da Ilustración analiza o panorama desta arte
Proxeccións e conferencias conforman este programa que se desenvolve en Bilbao Arte
Os traballos de Lois Patiño abren un ciclo dedicado ao Novo Cinema Galego
As bibliotecas públicas de Oleiros publican unha guía de recomendacións culturais
Para ler e encantar
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org