culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Unha historia, 17 palabras
Noticias
Unha historia, 17 palabras
Escena de Mambo

A COMEDIDA MAMBO INICIOU A SúA XIRA ESTA FIN DE SEMAN EN VIGO

Unha historia, 17 palabras


14 / 2 / 2012
Santiago. Redacción
Ligazóns

As desventuras de Manolo e Ramón a fuxir de Galikistán de cara Inglandia son a base do argumento de Mambo, a proposta escénica que a compañía EscenaTe estreaba o pasado venres no Auditorio Novacaixagalicia de Vigo. O proxecto baséase nunha grande simplicidade textual e escénica. Unicamente catro actores, un texto de 17 palabras e un caixón de madeira compoñen unha obra na que a compañía apostou polo que chaman "neo comedia da arte", un código expresivo e xestual que debe suplir a falta doutros medios expresivos. Unha proposta diferente que agora comeza a súa xira por Galicia e que ten datas previstas no resto do Estado.

MAMBO Trailer from Fran Peleteiro on Vimeo.

Trailer de Mambo

Para os interesados, achegámoslles as claves do Diccionario Mambo, onde se explican os significados dos termos que se poden escoitar na obra. O mesmo fai parte do folleto que se reparte ao comezo de cada función para facilitar a comprensión da historia.

AMORE (representado cun corazón, non necesita tradución)
POWER (representado cun puño en alto, tampouco a precisa)
MAMBO (representado cun símbolo fálico, interpretable ben como sexo, ben coma foder, no sentido de fastidiar)
OK (que vale, que si)
STOP (vai parando)
PESETA (cartiños)
WHISKI (bebercio)
REVOLUTION (cando a vida dá unha volta)
GALAKISTÁN (Galicia)
INGLANDIA (Inglaterra)
NO (non é non)
HM (representado cos símbolos ¿?, serve para preguntar calquera cousa ou mostrar sorpresa)
PAPEL (documento)
MANDELA (criado)
PUM (pistola)
PICCOLO (pequeno)

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

A cita ten lugar do 28 de xuño ao 7 de xullo
Unha trintena de actividades compoñen a Mostra de Teatro Cómico de Cangas
Agadic convocará a axudas a produción audiovisual e escénica así como as de talento
Das cifras e das axudas
Os eventos Arteficial e DesOrdes Creativas recorren ao Crowdfunding para se financiar
O Bipolar Fest reúne 40 grupos na Coruña
Compite na categoría de mellor canción clásica
Un músico ourensán finalista nos Hollywood Music Awards
A obra sairá a venda o vindeiro 1 de xuño e presentarase en Viñetas desde o Atlántico
Demo publicará Operario de Jano
A banda viguesa publica o seu cuarto traballo con The Borderline Music
Aphonnic cumpre dez anos de discos con Heroes,
Oito compañías e oitos espazos,a metade galegos, fan parte do proxecto
Nace Troco por troco, un circuito de intercambio escénico entre Galicia e Portugal
O Consello da Cultura Galega presenta LEME, unha aplicación móbil para descubrir a cultura galega
Dous dedos para descubrir o territorio
Arturo Pérez Reverte e Petros Markaris levan os galardóns estatal e internacional
Pedro Feijóo imponse no XIX Premio Arcebispo Juan de San Clemente
Unha exposición exhibe en Ponferrada a obra de artistas galegas e leonesas
As creadoras enrédanse
Está na Zona C ata o vindeiro 20 de xuño
Antón Lopo reflexiona sobre a súa estadía Essaouira no seu último proxecto
O premio APlus recoñece unha ducia de obras de ámbito estatal
Un estudo compostelán gaña un premio nacional de arquitectura por unha escola infantil
A AGPI organiza este encontro o vindeiro sábado 22 en Compostela
O I Debate sobre o Estado da Ilustración analiza o panorama desta arte
Proxeccións e conferencias conforman este programa que se desenvolve en Bilbao Arte
Os traballos de Lois Patiño abren un ciclo dedicado ao Novo Cinema Galego
As bibliotecas públicas de Oleiros publican unha guía de recomendacións culturais
Para ler e encantar
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org