culturagalega.org
culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Vidal Bolaño 2013
lg3Noticias
Vidal Bolaño 2013
Roberto Vidal Bolaño. Foto: Quique Albarelllos

A REAL ACADEMIA GALEGA ESCOLLE A ROBERTO VIDAL BOLAñO COMO HOMENAXEADO NO DíA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Vidal Bolaño 2013


25 / 6 / 2012
Santiago. Redacción
AUDIO
Audio: Vidal Bolaño fala sobre a arte dramática
Aquí podes escoitar a intervención de Roberto Vidal Bolaño na mesa redonda "A dramaturxia: entre a palabra e a imaxe", celebrada no Consello da Cultura Galega o día 27 de maio de 2000. No seu relatorio, Vidal Bolaño reflexiona sobre a arte dramática actual e os cambios no papel que xogan os escritores, actores, directores e espectadores no teatro contemporáneo.

-----------------------

Fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.

A Real Academia Galega escolleu o venres pola tarde ao novo homenaxeado do Día das Letras Galegas 2013. Será Roberto Vidal Bolaño, un dos grandes dramaturgos de finais do século XX en Galicia. Repasamos a súa biografía, da que a Real Academia Galega salientou como un dos "un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX".

A Real Academia Galega (RAG) escolleu o venres 22 de xuño, nun Plenario, a Roberto Vidal Bolaño, como homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. A RAG respalda así a petición dunha iniciativa popular, con 800 sinaturas e o respaldo de 50 asociacións e entidades do ámbito escénico e teatral, cando se cumpriron dez anos do pasamento do autor (1950-2002), que morreu prematuramente aos 52 anos de idade. Precisábanse dez anos para poder nomear a Vidal Bolaño como homenaxeado no Día das Letras Galegas. E nada máis cumprírense, Vidal Bolaño convertirase nunha figura central da cultura galega durante 2013.

Para a RAG, Roberto Vidal Bolaño é unha “figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego”, e “o dramaturgo maís prolixo da historia da nosa literatura”. Segundo a institución, as achegas de Vidal Bolaño á cultura en lingua galega teñen que ver cun “irrevogable compromiso coa lingua galega”, pero tamén coa construción dunha obra dramática que consolidou a produción teatral en galego.

Da banca á dramaturxia
Roberto Vidal Bolaño traballou no comercio e na banca, pero os seus inicios teatrais son co grupo Antroido, co cal acudirá ás importantes Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, nos anos 70. En 1977 profesionalizará o grupo Antroido, converténdoo na primeira compañía teatral galega. Tocou todos os ámbitos do teatro, desde a dirección á interpretación ou a iluminación, pero o seu incesante traballo como dramaturgo daría lugar a obras como Laudamuco, señor de ningures, Bailadela da morte ditosa, Agasallo de sombras, Días sen gloria, Saxotenor, As actas escuras, Rastros e Animaliños.

O colectivo que promoveu a súa candidatura tamén destacou o seu papel no mundo audiovisual. “Como actor de televisión e de cine, implican unha biografía pública próxima aos espectadores”, á que poder tirarle rendemento desde o punto de vista da difusión cultural. Vidal Bolaño rodou a versión de televisión de relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de lúa) ou Eduardo Blanco Amor (O noxo), ademáis de participar en numerosas series e filmes.

Méndez Ferrín, director da revista A Trabe de Ouro, cualificou o seu texto Sen ir máis lonxe coma o seu “testamento dramático”. Publicárao uns meses antes da súa morte, Entre os premios recibidos, estivo o Max de Teatro (2001) ao mellor texto teatral en galego e o Premio Álvaro Cunqueiro. “Foi un extraordinario escritor”, salientou a RAG no seu comunicado oficial, “fixo literatura dramática con vontade de intervir no sistema literario galego, de dialogar con outras obras e autores. Era un escritor consciente da pertenza da súa obra a un sistema literario rico e dinámico”.

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

Unha radio itinerante, paseos sonoros ou un mapa sonoro fan parte de Música en branco
Un proxecto recupera a identidade sonora do barrio do Agra do Orzán
O grupo pontevedrés lanza o seu primeiro disco a apostar pola fusión folk
Banda Baile Asalto convida á festa
A italiana Roberta Venanzi e a española Paula Freire inaugurarán este novo programa
Galería Monty4 abre o seu proxecto a residencias artísticas
A actividade continúa con varias exposicións, unha delas sobre o Padre Feijoo
O museo arqueolóxico de Ourense precisa dun novo informe para rematar as obras
A Deputación da Coruña recoñece así o seu traballo de difusión da lingua e da cultura
Os Regueifeiros de Bergantiños levan o IV Premio Rosalía de Castro
Arancha Nogueira levou o Francisco Añón de Poesía
O Johán Carballeira de Poesía foi para Marta Dacosta
Dúas iniciativas buscan integrar as bandas galegas nas programación festivas deste verán
O grupos asaltan as verbenas
Matrioskha Teatro debuta cun espectáculo sobre o tempo
A vida....é así
Culturagalega.org non actualizará a súa edición diaria de novas o vindeiro 17 de maio
De Roberto a Rosalía
Roi Vidal e Dolores Vilavedra conversan sobre as mulleres en Roberto Vidal Bolaño
Man a man
Hoxe tamén se presenta o terceiro número da revista oficial CanZine
Cans abre a segunda quenda de venda de pases con 400 entradas
Luís Prego presenta o libro-disco da man de Cumio
Xogos musicais busca achegarlle o ritmo aos máis novos
Incorporouse ao cargo o pasado novembro, procedente de Agadic
A SGAE destitúe a Fasero, o seu delegado da zona noroeste
O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño
Unha ruada de papas e unto
O concerto Aqueles doces cantares terá lugar ás 20:00 horas en San Domingos de Bonaval
O Consello de Cultura celebra o Día das Letras con música e poesía
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org