culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Publícanse as intervención do primeiro foro INDCREA
Noticias

O CONSELLO DA CULTURA ACOLLEU A PRESENTACIóN DE ECONOMíA DE LA CULTURA Y LA COMUNICACIóN EN LA ERA DIGITAL

Publícanse as intervención do primeiro foro INDCREA


27 / 7 / 2012
Santiago. Redacción

A sede do Consello da Cultura en Compostela acollía esta mañá a presentación de Economía de la cultura y la comunicación en la era digital, un volume que recolle as comunicacións do primeiro foro INDCREA, que se celebrou o pasado ano na Illa de San Simón. Fernando Salgado e Valentín Alejandro Martínez son os coordinadores dun volume que recolle 32 intervencións de investigadores galegos, españois, franceses, portugueses e brasileiros entre outras nacionalidades, a analizar desde diferentes visións a problemática das industrias culturais e creativas.

Segundo explicaron os responsables do proxecto, o volume amosa como está a mudar a concepción das industrias culturais no campo económico. De non se ter en conta como sector produtivo, na actualidade están a pasar a se considerar fundamentais para o desenvolvemento e a innovación. "A cultura e a creatividade amósanse como un factor nuclear da competitividade económica", sinalou Fernando Salgado.

Precisamente a semana pasada remataba a segunda edición do Foro INDCREA. O encontro,promovido polo Consello da Cultura, a Axencia Galega das Industrias Culturais e mais a Fundación Illa de San Simón está a contribuir, segundo apuntou Valentín Alejandro Martínez, a "mudar a percepción sobre a importancia que teñen as industrias culturais e creativas" no noso país.

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

Cinco xornadas para ofrecer unha visión de conxunto entre o mundo empresarial e creativo
O autoemprego abre unhas xornadas sobre Economía e Cultura
O encontro de curtametraxes remata o vindeiro 2 de xuño
Vigo celebrará a segunda edición do Festival da Primavera do Cine
A Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais reunirase na cidade en xuño
Ourense acollerá os actos de Ludaria
Entrevistas e estudos de caso compoñen esta acción de Ania González
Unha intervención artística reconstrúe a historia da programación cultural e o feminismo
Fai parte dunha nova entrega do proxecto artístico Diálogos Improbables
Julia Spínola e Rosendo Cid contrapoñen os seus proxectos en Lalín
Reintegracionistas e fans de Star Wars celebran mañá esta data
O Día da Toalla arraiga en Galicia
A iniciativa organizada pola AS-PG xa visitou Carballo a comezos deste mes
Lugo acolle a IV Semana do Libro e da Lectura
Dios Ke Te Crew celebra dez anos e Dhais lembra dous compoñentes con actuacións ao vivo
Concertos conmemorativos
Busca fomentar iniciativas que incorporen as TIC no mercado audiovisual
O Programa Media convoca as axudas a proxectos piloto
Mario Tascón, Pilar Portero, Clara Grima ou Javier Pedreira participan non encontro
Lugo celebrará o I Congreso sobre Cultura Dixital e Redes Sociais
A iniciativa que abre ao público todas as fases desenvólvese ata setembro no espazo Normal
Oito artistas crearán obra sobre si mesmos no proxecto creativo Té con madalenas
A proposta de Vertixe Sonora Ensemble concrétase en catro concertos
Un proxecto afonda na relación da música contemporánea co seu contexto
Iniciativas na Coruña e en Vigo reivindican usos socioculturais para edificios senlleiros
Abrir fábricas e cadeas
O vigués Alejandro Marzoa presenta en Cans a súa primeira longametraxe
Xente do país
Un convenio entre os editores e a administración potenciará o libro dixital
O sector editorial celebrará as vodas de prata do libro infantil e xuvenil
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org