
O pasado mes de decembro, co título Currículum Oculto Mandeo Récords presentaba na rede un documental no que se poden ver recitados deste proxecto e que permite que o autor explique a súa peculiar visión do noso país, o que el chama Galicia Cajún. A conexión con Nova Orleáns, a idea de mestizaxe e de cultura de resistencia, o blues e outros elementos intégranse unha filosofía que xa estaba presente en anteriores traballos de Regueiro.
A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu o pasado día 18 de xaneiro a última actuación deste proxecto. Para os que non puideron asistir, e en agarda de novos eventos, achegamos os vídeos para todos os interesados en coñecer este singular proxecto.