
Cunha chea de actividades culturais complementarias (desde obradoiros literarios, obras de teatro que recrean o mito da RaÃña Lupa, colaboración con ceramistas locais ou barferencias -conferencias nos bares), o proxecto busca acondicionar de novo o castro de Mallou e comezar a coñecer a súa arquitectura doméstica. O castro xa fora intervido en dúas campañas no ano 2007-2008, con campos de traballo da Dirección Xeral de Xuventude. As campañas desvelaran o acceso monumental ao castro, os corpos de garda e mesmo un alxibe.
O proxecto fai un chamamento á colaboración cidadá para recuperar o castro e vivir a experiencia dunha intervención arqueolóxica. No web oficial pódese atopar a información de como facer.