
Os Premios Goya, que outorga cada ano a Academia Española de Cine contan este ano con dúas producións galegas entre os seus candidatos.
O Xigante, de Abano Producións, compite polo galardón a mellor curtametraxe de animación, mentres que Juan Pinzás opta ao premio á mellor fotografÃa polo seu traballo en
New York Shadows, que tamén dirixiu, guionizou e protagonizou. Os premiados coñeceranse o vindeiro 9 de febreiro na gala que se celebrará en Madrid.