O equipo de Chévere recollendo o premio. Foto: Olalla Lojo/AAAG
O mellor espectáculo teatral do ano pasado foi, para a profesión,
Eurozone de Chévere. A montaxe que recrea a crise de Europa, adaptándoo á estética do filme de
Tarantino Reservoir Dogs, foi a gran vencedora da noite ao recibir tamén a xerra que os recoñece como mellor iluminación, escenografÃa e a interpretación de Patricia de Lorenzo como actriz secundaria. Seguiuno,
As do peixe, a homenaxe ás mulleres traballadoras das conserveiras de Cándido Pazó, que recibiu tres galardóns: mellor texto orixinal, mellor dirección (de Cristina DomÃnguez) e mellor actriz protagonista (Susana Dans).
O palmarés complétase cos dous premios de
Bye, Bye Honey un para a música de Carlos Mosquera “Mos”, e outro para a interpretación de César Goldi como actor de reparto. Levaron un premio, a adaptación de Xosé Manuel Pazos Varela para Teatro do Atlántico en
A charca inútil; o vestiario de UxÃa P. Vaello para Voadora en
Waltz, a maquillaxe de Trini Silva e
C´est la vie de Matrioshka Teatro. O mellor actor protagonista foi Josito Porto polo seu monólogo en
As mil vidas de Matias Houseman. A gran esquecida da noite foi a compañÃa de nova creación Il Maquinario Teatro que non obtivo ningún dos seis galardóns aos que era finalista.
Gañadores dos MarÃa Casares.