Non é maxia, pero ás veces se lle parece. Cando Carlos Otero procesa os datos obtidos polo gradiómetro, aparece sobre a fotografÃa aérea da Croa do Castro de Cerqueda (Malpica), con moita nitidez, a porta orixinal desta acrópole da Idade do Ferro. Se miraramos a superficie do castro, veriamos un valado bastante moderno e serÃa difÃcil adiviñar que baixo el se agocha esa estrutura monumental. PedÃmoslle ao arqueólogo Carlos Otero, responsable da prospección, que nos abrise a porta do seu ordenador e nos amosara, coas súas ferramentas de traballo, como os arqueólogos conseguen ver baixo terra.
O proxecto da Croa do castro de Cerqueda foi promovido polas asociacións veciñais da parroquia en colaboración co concello de Malpica. En 2014 realizouse unha intervención de limpeza aproveitando que o concello recibira a propiedade do xacemento arqueolóxico. A prospección xeomagnética levada a cabo este ano tiña como obxectivo analizar a potencialidade do xacemento para futuras intervencións arqueolóxicas.
Entre os achados da prospección con gradiómetro está a identificación do contorno pétreo da muralla, con posibles reforzos nalgunha área, a porta orixinal do xacemento e unha serie de "anomalÃas" que poderÃan corresponder ás cabanas circulares do interior do xacemento. Estes datos permitirÃan, nunha futura escavación arqueolóxica, escavar de maneira directa e precisa xusto aquelas estruturas de interese para o proxecto.