Co gallo do ano Xacobeo a editorial 3C3 anuncia que vai pór nas librarías tres obras centradas en Compostela e na celebración do Ano Santo. As peregrinacións xacobeas de Francisco Fernández del Riego, Compostela, vella memoria de Ricardo Martínez-Conde, e en castelán 40 aventuras al final del camino de Andrés Villar e Rubén Suárez Carballo son os tres títulos cos que a editorial quere aproveitar o tirón do Xacobeo 2004. No último trimestre do 2003, 3C3 publicou tres novos libros Desde Santiago. Personas y aconteceres de José Mª Díaz Fernández, Imperio norteamericano e capitalismo global. Do 11 de setembro a Iraq, de Carlos Taibo, e Palabras para un parque hidráulico, de David Creus. Deste xeito, a editora cumpriu o seu programa de publicar unha ducia de títulos neste ano que acaba. Para o conxunto do 2004, os editores de tresCtres estudan a publicación dunha vintena de novos títulos. Ademais 3C3 anuncia tamén a súa intención de contar proximamente coa súa propia páxina web.