Unha mostra en Vigo permitirá ver os traballos de Hugo e de Sergio Covelo mentre Jaime Asensi expón en Pontevedra

Cadriños con marco

A cafetaría Universitas, no Campus Universitario de Vigo, acolle desde hoxe e ata o final do mes unha mostra na que se pode contemplar unha selección de traballos dos irmáns Hugo e Sergio Covelo no campo da banda deseñada. Algo máis ao Norte, na Galería Sargadelos de Pontevedra poderá verse, a partir do vindeiro día once, unha exposición do proceso de traballo de Jaime Asensi para o seu álbum “Ubú Rey”, ademais doutros traballos deste autor. A mostra permanecerá aberta ata o catro de marzo.

Máis información sobre a mostra dos irmáns Covelo en La Voz de Galicia; a mostra de Jaime Asensi en Galicia Hoxe; as fichas de Hugo Covelo, de Sergio Covelo e de Jaime Asensi no noso soportal; máis sobre ”Ubú Rey”