Manolo Gómez, propietario de Dygra Films, a produtora coruñesa que realizaba a longametraxe Os mortos van ás presas, xustificou a súa decisión de paralizar a rodaxe por problemas de financiamento: o risco de seguir era moi alto e existía case a total seguridade de que non se completaran os dous millóns de euros necesarios para rematar os tres meses de rodaxe. Segundo Gómez, os recursos buscáranse e concretáranse, pero non puideron chegar en tempo e hora. A escasa liquidez orzamentaria levaría, segundo o produtor, a que non encaixaran os ingresos cos pagamentos que había que facer aos traballadores. Gómez tamén sinalou que el non será un obstáculo para que a película saia adiante.
Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia; ficha de Os mortos van ás présas en AVG