Hoxe remata en Pozuelo de Alarcon Animadrid, un dos festivais de animación máis destacados do país. Ata alí se desprazou un equipo de Dygra entre os que estaba Manolo Gómez e un dos directores, David Rubín, para presentar O espírito do bosque. A seguinte produción cinematográfica de Dygra (que tiña prevista a súa estrea no 2006) comparte os mesmos protagonistas co O bosque animado, o traballo máis premiado da produtora coruñesa.
Mais información no web de Animadrid e na nosa ficha sobre O bosque animado