Sobre o autor
Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de Andalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago.
Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas españolas e internacionais ten publicado traballos de investigación en prestixiosas revistas especializadas e colaborado co Massachusetts Institute of Technology (MIT).
Preocupado fondamente pola divulgación da ciencia ven colaborando co portal Culturagalega.org desde o 2002 a través dos artigos publicados na sección Os dados do reloxeiro que posteriormente publicáronse nos volumes “Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas”(Consello da Cultura Galega, 2005) e “Po de estrelas” (Consello da Cultura Galega, 2008). Organiza por toda Galicia desde 2006 os “Café-teatro-científicos”, unha amena actividade divulgativa que leva a ciencia ata os bares; e desenvolve outras actividades de divulgación como os “Discurshows”, unha orixinal mestura de charla e teatro.


RSS
