culturagalega
consello da cultura galega

Anacos do 9 ao 15 de abril

Publicado o 09 Abr 2013

sidonie
Foto Sidonie, vía efeeme.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Non o neguedes: igual que nós xa estades a pensar no verán. E non é unha toleada tan grande porque, ben pensado, parece que Fin de Ano foi xa hai moito tempo, e en dous meses a estación dos festivais musicais xa chega. Praia, calor, vacacións… e moita festa!

Por iso, dende Anacos José e mais eu apelamos por este estilo de vida, pola positividade e o sorriso permanente. E qué mellor modo de mantelo que seguir gozando de pílulas que poden ser o anticipo dunha gran época estival que recordar moitos anos.

giuliaPor iso, comezamos esta semana recomendándovos a Giulia Valle Group, que formará parte do grupo de actuacións que compoñen o cartel do CICLO DE JAZZ 1906. Sendo esta a súa sexta edición, durante catro meses terán lugar máis de 50 concertos en puro e rigoroso directo. Hoxe recomendamos o de esta muller á que acompañan catro homes feitos e dereitos, formando un conxunto peculiar e cargado de alma. Unha xoia que pasará o mércores pola Sala Jazz Filloa da Coruña.

Ademais, tes unha triple oportunidade de poder escoitar a Autovogel. Hoxe martes en Vigo, mañá na Sala Moon de Compostela e o xoves na Sala A Reserva de Carballo. Magnar, Kjetil e Linda recén chegados de Oslo buscarán que movas o esqueleto ao ritmo da súa maneira de entender o rock.

O xoves é o día dos pratos fortes: Nao (rock punk en galego) no Pub Gatos de Melide, Guerrera (que xa ten pasado por esta sección) na Sala Súper 8 de Ferrol y My Dynamite (que veñen dende Melbourne, Australia) na SalaSon de Cangas do Morrazo.

mydynamitePero sen dúbida, a actuación máis destacada do día será a de Sidonie no Teatro Principal de Santiago. Despois dunha ampla xira por salas e festivais, o grupo desafíase coa presentación dun formato acústico dunha xira por teatros, concertos que os achegarán máis aínda ao seu público e que nos ofrecerán unha nova cara desta banda que ten aínda moito que ofrecer.

E pechando a semana, o domingo volvemos á SalaSon de Cangas do Morrazo e pechamos a semana co concerto de Tres Estralos, un trío de corda que estrea novos temas e está formado por tres mozos cheos de ilusión e talento.

Isto é todo por esta semana. Agora comeza a buscar as entradas para o concerto que máis che preste! Lémonos, amantes da música.

Fotos: Giulia Valle Group, vía taktlos.com; My Dynamite, vía lastfm.com

Anacos do 2 ao 8 de marzo

Publicado o 03 Abr 2013

Terbutalina
Terbutalina, imaxe vía tanakamusic.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

E pasou a Semana menos Santa de moitas que se recordan. Non o dicimos por nós, que nos non fixemos nada. Chovendo seguido resulta difícil facer algunha falcatruada. Con todo, non perdemos a ilusión, e esperamos ver pasar o sol -como diría miña avoa- menos día. Por aquilo de saír e dar un paseiño pola ría. Cansados pero resoltos, repasaremos a fauna que se moverá durante os próximos sete días polas salas de concertos do país.

Comezamos a semana musical mañá mércores e comezamos con jazz, na Coruña, no Jazz Filloa. Os protagonistas, Freddie Hubard Tribute. A partir da medianoite dará comezo unha intensa velada para homenaxear a música dun dos trompetistas máis destacados de tódolos tempos.

O xoves topamos cunha actuación destacadísima na cidade da muralla. Lugo, concretamente o club Clavicémbalo, acollerá a incombustible actuación de Terbutalina. Non sabemos se ese punk que comeron despois do seu pasamento lles estará a repetir. Desde logo, asistir a un concerto deles non senta pesado no estómago, e menos no oído. Ritmo serbio é o seu último traballo. Un disco que responde ao son Terbutalina máis puro. Punk directo, sen complexos e cunhas letras orixinais, críticas e moi divertidas. Sen dúbida, unha das actuacións destacadas da semana.

Nick LoweChegamos ao venres con tres actuacións a destacar. Dúas delas na cidade herculina. A primeira protagonizada por Sin Red, que se presentará no escenario do Jazz Filloa. A voz de Cova Villegas, Ildefonso Rodríguez no saxo, Chefa Alonso no saxo soprano e Víctor M. Díaz como poeta. Jazz de calidade, unha actuación moi recomendable. Sen saírmos da Coruña, plantámonos na Bâbâ Bar para presenciar unha nova actuación dentro do ciclo Cantautar. Agora si, viaxamos a Vilagarcía de Arousa, donde Moonjackets fará vibrar a Sama Sama. Aliméntase de influencias que emanan tanto do rock&roll dos 70, como do primeiro punk dos 80, para desembocar nun son netamente contemporáneo cargado de electricidade no que orbitan ritmos eléctricos e harmonías espaciais.

Barstards on Parade, Funk’n Bastards, Pradairo e Nick Lowe son os principais protagonistas na noite do sábado. Os primeiros viaxan ao Pub Gatos de Melide facendo o que mellor saben facer: punk rock con influencias celtas. Funk’n Bastards estarán na SalaSon co seu habitual son rock con influencias do blues. Os dez integrantes do grupo de música tradicional Pradairo volven a Compostela o próximo día 6 de abril para interpretar os seus mellores temas e algúns inéditos. Será unha oportunidade única para gozar da mellor posta en escena destes artistas na que poder achegarnos a un sorprendente estilo para os nosos ritmos. Ademais, o venres 5 actuarán no Luar. Nick Lowe aterrará na Capitol. Compositor de grandes éxitos da música pop rock do século XX que levaron ao éxito artistas comon Elvis Costello ou Johnny Cash como (What’s So Funny About) Peace, Love and Understanding Nick Lowe sube ao escenario só acompañado da súa guitarra para interpretar as súas composicións e himnos máis coñecidos desde a sinxeleza e a elegancia musical.

O domingo, final da semana destacamos unha última actuación, en Vigo. Mel de Meiga, serán os grandes protagonistas no final da semana. A formación folk liderada pola cantante Eva Carreras, acturará na Festa da Reconquista de Vigo, o domingo día 7 de abril na praza do Berbés, ás 21h.

Fotografía: Nick Lowe, vía musikopolis.com

Anacos do 19 ao 25 de marzo

Publicado o 19 Mar 2013

the-whip

Foto The Whip, vía dodmagazine.es

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Deixamos o San Patricio atrás e xa temos á primavera pisándonos os talóns. Todos anelamos o bo tempo, o poder botar una soneca no céspede ou na praia, saír á rúa sen cargar co paraugas… Pero ningún de nos se cansa de poñerlle banda sonora ás nosas vidas. Afortunadamente, esa é unha das cousas que libremente podemos elixir. Non deixes escapar a oportunidade!

Esta semana, a edición de Anacos gobérnaa o FIV, ou o que ven sendo o mesmo, o Festival Internacional de Vilalba, na provincia de Lugo. Cunhas siglas que confunden nas conversacións a moitos amantes da música indie, polo seu parecido con FIB de Benicassim, chega un ano máis pisando forte, cun cartel cheo de grandes artistas.

Durante dous días, venres e sábado, esta pequena vila luguesa verase invadida de mozos e mozas con camisas de cadros, gafas de pasta e amantes de grupos de xénero independente que arrastras masas a cada concerto. Comecemos polo venres, día no que inaugurarán o escenario Bëlop, Cyan e Nodozurdo. Ás dez e media, chégalle a quenda a Hola a todo el mundo, grupo que xa ten pasado por moitos carteis de toda a península e por outros países. Os madrileños, dos que se di que teñen un estilo “inclasificable”, van pouco a pouco gañando fieis e asentando a súa popularidade.

supersubmarina_2012_1920x1440Cinco minutos antes da media noite, pisará o escenario La Casa Azul, grupo que xa ten pasado moitas veces por terras galegas (por exemplo, no Festival do Norte do ano pasado). Candidatos xa hai anos para Eurovisión, o seu tema “La Revolución Sexual” xa é un himno para algúns. Á 1:30, Delorean será o encargado de lograr que nos decaian os ánimos e a xente aguante ata que ás tres en punto, peche a noite Dj Amable.

E o sábado non ten nada que envexarlle ao venres. Iván Dj (da Discoteca Karma, Pontevedra) amenizará a que poderiamos chamar “sesión vermout”, de doce e media a dúas e media. Logo, ás sete e media, comezarán a desfilar grupos como Posterger, Varry Brava e Idealipsticks. Seguiranos ás dez e vintecinco La Habitación Roja, quinteto que xa leva moitos anos brillando e recollendo éxitos no panorama musical español. Pecharán a noite dous grandes agardados, Tha Whip (Manchester) e Supersubmarina (Jaén). Quedará pechada esta edición cos Djs Elyella.

E como non todo serán festivais (aínda que xa sabedes que nos encantan), deixámosvos dúas propostas máis. O venres, o Pub Gatos de Melide recibe a Skándalo GZ, banda cargada de bo roio e letras que enganchan; o sábado, a Sala A Reserva de Carballo acolle a Guerrera, que van levando rock por todas as vilas que lle deixan.

E ti aínda non tes plan? A que estás a esperar para escoller o teu concerto desta fin de semana? Lémonos nuns días!

Foto Supersubmarina, vía mtvema.mtvnimages.com

Anacos do 12 ao 18 de marzo

Publicado o 12 Mar 2013

Pablo Milanés

Pablo Milanés, fotografía vía www.cartagena.es

Podes escoitar as listas de reprodución en:

O mundo por aquí ao arredor anda revolto, e non é nin por comandantes nin por señores con sotana, non. As preocupacións da Homo Sapiens pasan esta semana por varias cuestións fundamentais: o fin da gratuidade de certa aplicación de mensaxería instantánea que trae de cabeza as ánimas perdidas deste mundo, que unha persoa con sobrepeso se tire a unha piscina desde 5 metros de altura. Sobra dicir que hai unha ducia de persoas metidos nun cortello e vixiados por  16,5% de pares de ollos de toda España. Que a deriva das preocupacións camiñe neste sentido pode entenderse como unha reacción a tanto “mal rollo” que na súa maioría ven de “non hai un peso nin maneira de gañalo”, e a culpa coma sempre é nosa. Os de arriba, coma sempre, van sobrados.

E nos seguimos aquí, intentado que vos esquezades tanto dunha cousa coma das outra. E para iso, coma sempre, apostamos pola música en vivo.

Esta semana a actualidade musical non dará comezo ata o xoves. Dúas actuacións destacadas nesta noite. A primeira dun rexistro clásico, coa Orquestra de Cámara Galega como protagonista. A orquestra inicia o seu ciclo de concertos no Teatro Colón con Unha Noite Italiana, na que interpretarán As Catro Estacións de Vivaldi, unha das obras máis populares da música clásica. Farano acompañados por Elena Urioste, violinista americana que realizará esta noite o seu debut en España. Foi solista coas máis prestixiosas orquestras do seu país.

Sr. ChinarroDa cidade herculina viaxamos a Compostela onde Sr. Chinarro despregará todo o repertorio do seu último traballo Enhorabuena a los cuatro. O concerto será no Teatro Principal, dentro do Ciclo Íntimo e Acústico.

O venres e o sábado a Sala Super 8 acollerá as actuacións das súas bandas máis representativas no ámbito do hardcore, o metal e o trash no Ferrolcalipsis 2013. O venres o protagonismo será para  Black Smoke DragonMaidenslave, Lady Evil, Stigma e Slow Combustion. O sábado, turno para Wisdorn, Arem 3, Marthyrium, Id3m e Sacrament. As actuacións comezarán a partir das 21 horas e a entrada ascenderá a 5€. Pouco custe para sumerxirse no mundo do metal. Ferrol, capital do metal esta fin de semana.

O venres o protagonismo musical tamén viaxa a Carballo, como non, á Reserva. Alí agardaranvos os Skarallaos cuxo principal sinal de identidade. Festa e ritmo na noite da capital bergantiñá. Tamén esa noite e de novo no Teatro Colón da Coruña estará Pablo Milanés, unha das voces máis representativas da música cubana, autor de clásicos como Yolanda o El breve espacio en que no estás, pechará na Coruña a súa última xira na cal segue co repertorio do seu último disco: Regalo.

O luns pechamos a semana musical de novo en Ferrol, e como non de novo na Sala Super 8. Esta vez o estilo pasa a ser máis electrónico e máis pop funck con Argon e Síndrome Winona. Val a pena achegarse e coñecer estas dúas propostas.

Fotografía: Sr. Chinarro vía www.articapro.com

Anacos do 5 ao 11 de marzo

Publicado o 05 Mar 2013

penide
Foto: Silvia Penide, vía flickr.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Benvidos unha semana máis, amantes da música. Marzo xa vai matando os seus días e cando nos decatemos, xa chegará a primavera. Pensádeo ben; de seguro que xa tedes visto flores que relocen ao sol. E tralos días pasados de frío, vento e neve, agora semella que tocan xornadas que xa inspiran doutro xeito.

A inspiración que non cesa é a dos músicos, que seguen polos escenarios deixando un pedaciño de seu por onde lles deixan. Esta edición de Anacos comezámola cun concerto moi especial que terá lugar esta noite na Casa das Crechas de Santiago de Compostela: Silvia Penide segue coa presentación do seu novo disco “Animal de compañía“, o quinto xa na sua traxectoria musical. Os seus directos son actos colectivos nos que ela comparte as súas experiencias mediante cancións pop. Mentres escoitas as súas letras podes imaxinar, sorrir, pensar ou simplemente deixarte levar. Na súa presentación compostelá estará arroupada por Serxio Moreira ao teclado.

kepaKepa Junkera dáche dúas posibilidades de acudir a un directo seu nesta semana: un será mañá mércorestamén na Casa das Crechas e outra o venres no Bar Liceum de O Porriño. Acompañado de grandes músicos galegos , lanza novo proxecto inspirado nos ritmos de carácter máis galego. Unha ledicia para os oídos.

O xoves propoñémosvos un dobre concerto tamén en Santiago na Sala Capitol. Será unha auténtica festa, dado que Terbutalina, acompañada por Familia Caamagno, tamén presenta novo traballo, titulado “Ritmo serbio“. Sortearanse camisetas e discos entre os que merquen a entrada anticipada.

Xa con arrecendo a fin de semana, o venres en A Coruña, concretamente na Sala Filomatic, terán lugar os concertos de Willis Drummond e Pülsar, ambos grupos presentando temas recén saídos ao mercado. Os primeiros, vascos, interpretarán o seu terceiro álbum de estudio, ISTANTEAK, e os segundos, coruñeses, levarán Buen viaje! por bandeira.

patinSe non che convence esta opción, no Bâbâ Bar de A Coruña estará Pecker, no Pub Gatos de Melide The Patinettes e na Sala Súper 8 de Ferrol, Eldorado. Cada un fiel ao seu estilo e todos eles cheos de forza.

O sábado na Sala A Reserva de Carballo, hay un dobre concerto de 5000 R.P.M. e Despeñaperros, polo que xa saberás que a enerxía será a protagonista sobre o escenario. Tamén podes optar por gozas con Rock Jovi, banda que fai tributo a Bon Jovi, e que estará na Sala Súper 8 de Ferrol.

E como pechacancelas da semana, e non por iso menos importante, volvemos á Sala Capitol de Compostela para outro dobre concerto, protagonizad desta banda por Costas e Dr. Gringo. Ambos xa teñen pasado por aquí máis veces, posto que para qué alabalos máis. Non o dubides e achégate a vivilos en primeira persoa!

Fotos: Kepa Junkera, vía cancioneros.com; The Patinettes, vía mondosonoro.com

Anacos do 26 de febreiro ao 4 de marzo

Publicado o 26 Feb 2013

Los Coronas en Anacos Sonoros

Los Coronas, imaxe vía Tumblr.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Entre frío e reivindicacións, máis frío e desprezos a ditas reivindicacións, a actualidade informativa non para nos últimos días anda máis que convulsa. Que por certo, seica onte entregaron os Oscar, evento no que cada vez parece concedérselle maior importancia ao vestido que o filme, o guión, ao director/a ou ao actor/actriz. O dito, a vida segue, e mentres o estado da nación nunca estivo tan lonxe do estado das persoas (todo desde o prisma daqueles que din que nos gobernan, claro) nos intentamos achegar esta paixón que nos move, a cultura. Porque afortunadamente, “sempre nos quedará a música”.

O frío, que en Madrid sempre é unha noticia aínda que aquí xa o levamos por compañeiro, parece que nos vai seguir facendo compaña durante os próximos días. A pesar diso, non queremos que vos bote para atrás á hora de achegarte a unha sala de concertos (somos conscientes do tentador da cunca de chocolate, sofá e manta).

Cardigan BridgeComezamos o martes coa actuación de Riu Trátase un proxecto formado por seis novos músicos que pretende reinventar a música popular dos Paísos Cataláns. Aprenderon das grandes bandas do novo folk europeo e adaptárono ás melodías populares da súa terras catalás. Despois de gañar o premio Sons da Fira Mediterrània, publicaron o seu segundo traballo, Amb Canya!. Este disco,  é xa un paso importante cara a consolidación do grupo na escena tradicional catalá.

E da música folk catalá pasamos ao metal cun grupo tributo dunha das bandas máis lendarias dos últimos anos. Obviamente falamos de Metallica e os protagonistas deste Tributo son Mongollica. Banda ferrolá que viu a luz alá polo 2002 e que actuará na sala máis mítica da súa cidade, a Super 8. Esa mesma noite no Bâbâ Bar da Coruña, a sala contará cunha actuación dun cantautor dentro das actuacións dos venres (Cantautar). Como cada venres na sala, a partir das 21.30 h.

O sábado chega o forte. Artistas de bandeira para salas de bandeira.

Los Coronas aterran na Sala Super 8 de Ferrol con seu rock sureño, cheo de referencias surfeiras. Unha agrupación que xa ten unha longa bagaxe por detrás e que incluso se fusionou (por máis de media hora, non pensedes que esta fusión é como a de Dragon Ball Z)  con Arizona Baby dando lugar a unha das agrupacións máis celebradas do panorama musical español. O sábado presentarán o seu novo traballo Rockaway Surfers.

En Carballo, na Reserva teremos un dos clásicos do Anacos Sonoros: Pedrito Diablo & los Cadáveras. Pouco que contarvos deles salvo animarvos a que vos acheguedes a capital bergantiña para coñecer ou volver pasar un bo rato con seu son rockeiro e divertido.

Compostela, e concretamente o pub Sónar terán o luxo de contar coa actuación doutra xa veterana da nosa escena: Sés que non será a única protagonista nesta velada, con ela tamén estará Cardigan Bridge, nome detrás do cal se esconde Rebeca Ponte. Pop e folk en francés, inglés e castelán que presume dun repertorio variado, íntimo e intenso. As dúas actuacións encádranse dentro do circuíto de cantautores Santiauto’13. As entradas xa están a venta na Reixa e cantauticker.com.

E para rematar unha noite incrible e volvendo a Ferrol, o teatro Jofre ábrevos as portas e invítavos a coñecer o directo de Diego el Cigala. O arte flamenco na voz dun só home. Non queremos contárvolo, simplemente vos animaremos a que acudades a esta cita única en Galicia dentro da xira mundial na que está inmerso o artista madrileño. As entradas xa poden comprarse en servinova.es desde 18 euros por adiantado máis gastos de xestión.

Fotos: Cardigan Bridge (vía cardiganbridge.com)

Anacos do 19 ao 25 de febreiro

Publicado o 19 Feb 2013

lasinter

Foto: The Last Internationale, vía blogs.elpais.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Benvidos unha semana máis a Anacos Sonoros, sección fixa de todos os martes en Cultura Galega. Seguro que nos botástedes de menos as semanas anteriores… ou non, dado que os Carnavais encheron as axendas de todo bo galego que se precie. Orellas, filloas, lacón con grelos… Dieta obrigada nestas festas. Disfraces variados e comparsas polas rúas. Cancións alegres nos pubs… Cancións. Qué sería da nosa vida sen elas. Por iso, hoxe traémosvos unha nova edición deste Anacos que facemos con toda a ilusión.

Como primeira proposta desta semana, o xoves visitan a Fundación Autor (Sede SGAE) de CompostelaLuis Peixoto e Fernando Barroso. Portugués e ferrolán, respectivamente, constitúen un dos dúas destacados do panorama folk actual. Colaboran con outras bandas, como Os Cempés, Anxo Lorenzo Band, Riobó ou Sebastião Antunes & Quadrilha. O disco que están a defender en directo nestes días chámase Pop e é o resultado da fusión das ideas musicais de ambos. Beleza para os oídos.

iria-pinaO venres, para entrar con bo pé na fin de semana, dobre proposta. Dunha banda, de novo na Fundación Autor de Santiago, concertos de Pulpiño Viascón e Natural Green. O primeiro, ex compoñente dos Diplomáticos de Montealto, fará un directo coa súa voz peculiar por bandeira, acompañada de instrumentos como a gaita e o acordeón. O resultado é unha mestura pegadiza de rumba, ska, punk e folk por partes iguais. E Natural Green, tampouco se queda atrás, dado que a súa música sae de sumar diversas influenzas. Trátase dunha banda de 10 músicos moi novos de Ferrol que dende 2009 defenden unha serie de temas musicais cargados de mensaxe.

A segunda proposta para o venres lévanos ata Lugo, concretamente á Sala Clavicémbalo. Dous dos compoñentes de En clave de Fado, Iria Estévez e Gonzo Piña (vocalista e baixista-guitarrista, respectivamente) atrévense cun espectáculo distinto, cargado de xéneros variados e orixes diversas. Toda unha miscelánea musical interpretada dun xeito moi persoal e único.

E o sábado, chega a Ferrol en plena xira por distintas cidades españolas Stompin Blues & Boots Festival, que reúne a The Last Internationale, Molly Gene One Whoaman Band e Macho. ¿Buscas ver forza e garra sobre o escenario? Este é o teu destino para esta fin de semana, sen dúbida.

Lémonos o próximo martes, amantes da música!

Foto: Iria Estévez e Gonzo Piña, vía clavicembalo.com

Anacos do 22 ao 28 de xaneiro

Publicado o 22 Xan 2013

cafequijano

Foto Café Quijano, vía dicelacancion.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Qué rápido pasou o primeiro mes do ano, non? Parece que aínda onte estabamos a tomar as uvas, ir a cabalgata de Reis ou comer o roscón… Pero xa poucos días lle quedan a xaneiro e pronto chega o Carnaval. Non tedes ganas? Bot de menos o arrecendo a orellas recén feitas, as filloas con azucre… Pero centrémonos no día a día. En plena semana de choivas fortes e vento xeado, qué mellor plan que matar un par de horas nun concerto. Coma sempre, traémosvos dende Anacos as mellores propostas para os vindeiros sete días.

luissssHoxe, martes, Luís Emilio Batallán, o home feito poeta, visita a coñecida Casa das Crechas de Compostela. Todos os temas deste home, ben sexan baseados en poemas de escritores galegos tan queridos como Rosalía, Ramón Cabanillas ou Celso Emilio Ferreiro, ou de carácter propio, son todo sentimento. Se buscas que che toquen o corazón, éste é o teu concerto da semana.

E sen movernos de Santiago, o mércores, abre o ciclo Compostela Rock coa actuación dun grupo que xa ten pasado por aquí: os lucenses de Holywater presentan novo traballo, Wasteland, no Teatro Principal. Disque é o seu disco máis clásico e elegante, sen perder por suposto a súa alma rockeira.

O día de festa universitaria por excelencia,a proposta que vos facemos é triple; e o mellor de todo, sen ter que elixir: The Oscillation, Lendrone e Sutja Gutiérrez. Ou o que é o mesmo, aires londinenses, galegos e castellonenses, respectivamente. Rock en estado puro, tal e como promete o ciclo compostelán.

pulsarXa entrando na fin de semana, movémonos a Ferrol, á Sala Súper 8, onde poderedes acudir a un dobre directo: Pülsar e No More Rain. Os primeiros, coruñeses con corazón indie; os segundos, franceses asentados en Dublín que levan o estilo indie-rock por bandeira. Unha boa idea para pasar un bo rato e darlle un meneo ao corpo.

E o sábado, dámosche a elixir entre dúas maneiras moi diferentes de entender a música. Unha delas son Café Quijano, ese trío procedente de León que tanto puidemos escoitar a finais dos 90. Agora, volven aos escenarios (en concreto esta fin de semana a Compostela) e ás listas de ventas co seu quinto traballo, o primeiro en oito anos, noque fan unha homenaxe ao bolero.

E como pechacancelas desta edición, a Sala Súper 8 de Ferrol acolle a Macho e Thee Blind Crows: concertos cargados de punk, garage, indie e blues… Un pouco de todo e moita enerxía da que contaxiarte.

Lémonos a semana que ven, amantes da música!

Fotos: Luís Emilio Batallán, vía galiciae.com; Pülsar, vía salabecool.com

Anacos (do 15 ao 21 de xaneiro)

Publicado o 15 Xan 2013

Combo Dinamo

Combo Dinamo, imaxe vía tribuatlantica.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Xa pasou o Nadal, esa festa que tantos sentimentos contrapostos nos fai sentir. A ledicia dos regalos, a tristeza dos que non están ou a dos que nos acaban de abandonar,  a esperanza dun novo ano… unha lista de bos propósitos dos que chegaremos a cumprir malamente a metade. Por suposto, o ximnasio que non falte.  Ao mellor si que consegues un traballo, o mellor ata che pagan…. boa falta fai, calquera vai a un concerto sen cartos. E que queres que che diga, polo menos por estas terras hai moito e bo onde elixir, e sería unha pena non poder ir, polo menos, a un concerto por semana. Pero hai que ter fe, e pensar, tirar do noso maxín e ver que hai luz ao final do túnel. E senón, sempre nos quedará a música!

Unha música que afortunadamente se reparte pola xeografía galega como se reparte a auga, en abundancia e con moita calidade.

Os Carunchos

A semana musical comeza en Melide, no venerable pub Gatos. Alí os Carunchos faranse os donos do escenario a base de ritmos e melodías do país. Estres autoproclamados traballadores da música, tocan e cantan “que nin dios“. Non mentimos, pero se non te fías de nós achégate ao pub Gatos esta noite e compróbao por ti mesmo. Estarán de novo no mesmo lugar, á mesma hora, o sábado. A música lévanos, como unha nube leva a choiva ou o río leva a auga paseniño, ata Compostela. Alí, na Casa das Crechas, o grupo Suburbano, mítico da escena española, presentará o seu último traballo discográfico, chamado 33, cifra simbólica que conmemora os seus anos de traxectoria nos escenarios. A banda repetirá actuación dous días despois no club Clavicémbalo de Lugo e tamén estará o domingo no. Triple cita desta banda mítica que vén con novos temas a terras galegas.

Esa mesma noite, a do xoves, un veterano, á par que polifacético artista, Elliott Murphy fará un percorrido pola súa biografía musical na sala Capitol compostelana. Non estará só nesta viaxe. Como vén facendo desde xa fai tempo, estará con el sobre o escenario, aportando os matices desta historia, o francés Olivier Duran. Unha historia narrada a ritmo de rock, poesía coas guitarras, música…

O venres as augas baixan máis forte e a música flue como un gran río chegando a Lugo, Ferrol, Compostela e Ourense. Comezamos pola cidade da muralla. Elliot MurphyO club Clavicémbalo, como non, acollerá unha noite máis unha actuación que neste caso protagonizan os Miñotos. Nas súas propias palabras: “os Miñotos é o son acadado e consolidado por un entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega.” Dixie Town chegarán co seu blues arriscado á Sala Super 8 de Ferrol e cun disco de título moi axeitado “O Furacán”. Vellos rockeiros chegados desde Escocia son os Ex Simple Minds. Experimentados no rock, abusan do post-punk con descaro. Moi recomendable.  A noite do venres finaliza en Ourense, onde haberá unha inundación de blues rock psicodélico da man de The Grave Dolls. Unha inundación musical que asulagará con máis forza o Auriense Café Cultural.

O sábado, a actuación máis destacada chega da man dun grupo de aquí. Falamos de Combo Dinamo. Os coruñeses actúan na sala Mardi Gras, lugar onde repasarán os temas do seu último traballo ademáis dos éxitos dos seus dous primeiros LP’s. Power pop indecente e sen complexos. Nós non quedaríamos na casa.

Na noite do domingo, no Auditorio de Galicia haberá unha actuación especial de Narf, Xoán Curiel e Héctor Lorenzo. O diñeiro recadado será destinado integramente para a Escola de Ensino Galego Semente.

A música segue regando o noso país durante o luns, e cae con máis gana en Ourense, no Auriense Café Cultural, onde actuarán Skarmento. Punk rock por bandeira para rematar a semana músical de Anacos.

Pouco a pouco, a choiva cesa. A música apágase, todo queda en stand by, ata a próxima actuación… e volta a empezar…

Fotografías: Os Carunchos (vía maketon.com) e Elliot Murphy (vía musicaseglepassat.blogspot.com)


Anacos do 18 ao 24 de decembro

Publicado o 19 Dec 2012

thegift

Foto: The Gift, vía tribuatlantica.com

Podes escoitar as listas de reprodución en:

Benvidos á última peza de Anacos Sonoros deste ano que nuns poucos días pechamos. Temos a esperanza de que entre compra e compra de agasallos de Nadal saquedes un oco e pasedes uns minutiños connosco.

Grazas por un 2012 moi completo, no que acabamos o noso Máster e vimos como nacía este humilde proxecto cheo de ganas e ilusión, da man do Consello da Cultura Galega. Agardamos poder seguir facéndovos compañía cada martes do supersticioso ano, segundo algúns que entra; iso se os maias nos deixan…

albertoComecemos por dúas opcións que podedes elixir onde ver, dado que fan dúas actuación nesta semana. Por unha banda, temos xa a uns habituais da sección, Alberto Vilas Quintet, que tocarán o venres na Sala Salason de Cangas do Morrazo e o sábado no Multiusos da Xunqueira de Redondela. E por outra, a MBM Trío, dos que podes gozar o mércores na sala Jazz Filloa de A Coruña, ou o venres na Zona Zero de Caldas de Reis. Difícil decisión, dado que ambos grupos son pura paixón e entrega no escenario.

E vaiamos agora con novidades destacadas a nivel individual. Por qué non comezar con Los Mecánicos, cun directo este venres no Pub Gatos de Melide. Fernando Esclusa, Fran Castro e Fernando Lamas proxectan a súa visión musical cara a década dos sesenta. Bo roio e enerxía é o que che poden aportar nestas festas algo complicadas economicamente por algúns.

Pasamos agora a Os Revenidos, grupo coruñés que leva por bandeira a lingua galega e a retranca tan típica da nosa comunidade. Por qué non gozar de algo distinto e cheo de forza? Pásate por o Pub D’Antón de A Laracha o vindeiro venres.

O domingo a nosa proposta é The Gift, unha banda alternativa portuguesa que leva dando guerra por distintos escenarios dende 1994. Estes catro mozos (Sónia, Nuno, John e Miguel) buscarán facervos pasar un bo rato co seu Primavera/Explode Tour no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

holyBoa vida é o que nos queren facer sentir que temos os membros de Malavida. Con hard rock puro feito con todas as ganas, os seus catro integrantes logran chegar a todos os presentes dos seus directos e todos acaban contaxiados da súa maxia. Probádeo, sen dubidar, o sábado 22 no Pub D’Antón de A Laracha.

Holywater, a banda de rock luguesa que xa ten pasado por aquí nalgunha ocasión, desta vez aterra na Sala Súper 8 de Ferrol o venres. Se aínda non tiveches ocasión de velos, comeza a planear a escapada porque de verdade merece a pena.

Dúas últimas ideas antes de nos despedir: A Compañía do Ruído, que non fan ruído senón música celta, son outro dos posibles plans polos que podedes optar a noite do venres, concretamente no Café Cultural Auriense de Ourense; e en Vilagarcía de Arousa, a Sala Samá Samá recolle os sábados de decembro unha proposta moi difícil de rechazar: Música a la carta. Sinxelo: unha banda cun longo repertorio musical deixa que o público pida a canción que lle apeteza.

Coma último apunte, Escuchando Elefantes prosigue a súa xira e nesta semana visita a cidade de Vigo, en concreto en La Fábrica de Chocolate o xoves 20.

E sen máis, despedímonos, amantes da música. Agardamos que sobrevivades ás uvas e a champaña de fin de ano e que os Reis Magos vos traian algún agasallo. Boas festas a todos!

Fotos: Alberto Vilas Quintet vía ocioengalicia.com, Holywater vía maketon.com