Monte de San Trocado
eles sábeno
pero gardan o
segredo
albíscao x
nun aceno dos seus
rostros
no alto do monte
un bidueiro acubilla
a capela
antes eran dous
hai unha foto
que o atestigua
tamén era outra
a imaxe do santo
pero un día
(eles saben cando
coñecen
as causas)
unha das árbores
sumiu
e a antiga imaxe
do altar mor
«o santo novo
fíxoo un veciño»
dixéranlle
colocouno na
ara
sen fasto nin
cerimonia
ao chegar ao
cumio
acaróase x ao tronco
do bidueiro
«santiño de madeira
hóubolle un
pero este fai
os milagres igual
como sempre
dende a
orixe
das pedras
do castro do deus de las
e chega unha árbore
agora que nas
procesións de maio
xa non sobe tanta
xente»
* a imaxe do castro de las é de Nyahbingi!!! e está publicada en flickr baixo licencia creative commons.



