secuencias

un pé que propón

novas perspectivas

o vello reproductor
de cintas vhs
marca a base
de graves

neptune

o túnel do metro
unha ambulancia
sintética

e os poemas
da voz

ordear os sons
da rúa

darlles forma

as cordas
distorsionadas

a batería persistente
crúa

o crescendo
da tensión
até a pausa
dunha caixa rexistradora

facer cos
ruídos
da cidade dixital

universos

diferentes