Taiaro
eran catro
jemmy button
e mais
york minster
boat memory
e a pequena
fuegia basket
con eses nomes
chamounos
o almirante inglés
que os levou
prisioneiros
ante a súa
graciosa maxestade
naceran no
impetuoso
vento patagónico

e aprenderan a
valerse
o sustento nas
ondas xeadas
pero na viaxe do
cativerio
aprendéronlles inglés
e os civilizados costumes
británicos
mentres o
homenaxeado captor
navegaba outros
mares
eles viviron
e morreron levemente en
londres
co ollar detido
sempre no
horizonte
anos despois
voltaron tres de regreso
á terra
para facer de
intérpretes
ao almirante e o
célebre naturalista
un flemático
vírus exótico
fixo ficar na
néboa
os ósos do outro
a viaxe foi
acaso máis longa
que a da ida
e ao desembarcar
a area fría
o vento
inhóspito
faloulles coa voz
tépeda da casa
materna
unha noite
emprenderon
silencioso camiño
cara ao poboado da
infancia
polo camiño
como nun ritual
foron desprendéndose
das roupas da
civilización
e sentían na pel
o vento patagónico
abalalos con
dozura


