dende aquí
á sombra fresca dos
xenebreiros

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

viu o sol
a primeira vez

coa quentura
tépeda
acougo paternal
intuíu o
horizonte das marismas

era o inicio
da primavera

e a contorna
rebulía de chíos

durante as primeiras
semanas
limitouse a observar
o resto de membros
da rolada

e aos poucos
aventurouse até
onda os veciños

o mundo era
aínda só
espazo de xogos

un día tentou
a auga a
lama

e volveu ao
niño
feliz e mollado

peteirou
os primeiros vermes
ras
pequenos
peixes

mudou as
plumas grisallas
por branca capa

esticou as ás
tensounas

e cando era chegado
o día
colleu voo

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

* a música é de 2us (fernando abreu e pablo carrera). pertence ao seu disco nOnsOnsÓsOns publicado en alg-a baixo licencia creative commons .