Publicado o 04 Feb 2010
Texto: M. Barallobre. Data orixinal: 13/02/09. Javier Montes Pampín
Naceu na Coruña (1975) e traballou como ilustrador para varios medios, como o xornal La Opinión de A Coruña En 2002 fundou o estudio Boabab con outros debuxantes e traballou facendo ilustración editorial, publicidade e, principalmente, cómic Colaborou con El Jueves, DC Comics ou Marvel Comics
“Ante branco ou negro, como bo galego, quedo co gris, así que me custa tomar decisións”
P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Verde.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Independente.
P ¿Un lema?
R Carpe diem (ou carpe noctem, segundo se preste).
P ¿Un defecto?
R Ante branco ou negro, como bo galego, quedo co gris, así que me custa tomar decisións.
P ¿Unha virtude?
R Creo que tamén quedar co gris. Non son categórico.
P ¿Unha canción?
R Levo cantaruxando todo o día o tema Her morning elegance, de Oren Lavie, que por certo ten un vídeo precioso.
P ¿E un libro?
R Non teño libros de cabeceira. Agora estou lendo o último cómic de Liberty Meadows, de Frank Cho, e a novela La mancha humana.
P ¿Unha comida?
R Pasta; espaguete sobre todo.
P ¿Un lugar?
R O estudio que comparto con outros debuxantes, Baobab.
P ¿Un debuxante de cómic?
R Carlos Meglia.
P ¿Unha meta profesional?
R Traballar menos e gañar máis o máis tranquilo que poida.
Publicado o 25 Nov 2009

Texto: M. Barallobre. Data orixinal: 16.02.2009. Alberto Rodríguez Guitián. Naceu en Lugo en 1974, malia que vive en Barcelona desde 2003. É debuxante de BD e tamén artista gráfico. Fai colaboracións na revista Retranca coas series Fito e Pita e Temas de Hoxe. Goza deseñando carteis e actualmente traballa no campo da animación para a longametraxe Chico y Rita no estudio Mariscal.
P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Orballo.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Astronauta.
P ¿Un defecto?
R Ás veces son algo loubán.
P ¿Unha virtude?
R Son bastante tranquilo.
P ¿Segue algún lema?
R A verdade é que non.
P ¿Un filme que lle gustara?
R Creo que o que máis veces levo visto é Blade runner.
P ¿Un libro?
R Solaris, de Stanislav Lem.
P ¿E un grupo?
R Os Pixies, por exemplo.
P ¿A súa comida favorita?
R ¡O raxo!
P ¿Un lugar?
R Agora mesmo vénme á cabeza un xardín fantástico nas aforas de Edimburgo.
P ¿Un personaxe galego?
R José Tojeiro (risas).
P ¿Un debuxante?
R Moitos, pero creo que o francés Blutch é excepcional; un tío con moita liberdade e poderío.
P ¿Unha meta?
R Vivir nun castelo toscano grazas aos royalties dos meus personaxes (risas).
Publicado o 16 Set 2009

Texto: M. Barallobre. Data orixinal: 23.02.2009. Manuel Á. Pena Vilar Este coruñés (na imaxe, de Alberte Peiteavel) publicou centos de páxinas de BD nos últimos 16 anos en revistas como Barsowia, Golfiño, GPS. Participou cunha historieta na exposición colectiva Miña terra galega. O pasado 2 de abril presentou o seu novo álbum de cómic: Os lobos de Moeche.
P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Paraíso en perigo de extinción.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Maior; e agora, pequeno.
P ¿Un lema?
R A inspiración que me colla traballando, dixo Picasso.
P ¿Un defecto?
R Apúntome a un bombardeo.
P ¿Unha virtude?
R Despois do bombardeo, apúntome a recoller.
P ¿Unha película?
R Como a pregunta é demoníaca, terei que dicir O exorcista.
P ¿Un libro?
R Acabo de terminar O Príncipe, de Maquiavelo.
P ¿Un lugar?
R http://planetamincha.blogspot.com
P ¿Un debuxante que admire?
R Todos aqueles que conseguen vivir despois de mortos, porque non perderon o tempo.
P ¿Un personaxe galego?
R Elvira, a miña bisavoa. Non era unha muller, era unha raíz saída da terra.
P ¿Un soño?
R Na carreira da vida o mellor son as metas voantes e o meu soño eterno é morrer durmindo.
Publicado o 08 Xull 2009
Texto: M. Barallobre. Data orixinal: 09.03.2009. Marcos Calo Este ilustrador coruñés traballou no filme en 3D O bosque animado e conta con diversos premios de BD Tras varios anos dedicado ao deseño de escenarios para a película de animación Planet 51, que se estreará no Nadal, ultimamente fixo traballos de ilustración (libros, portadas…) a nivel español e norteamericano
P: ¿Un sinónimo de Galicia?
R: Depende.
P: ¿Que quería ser de pequeno?
R: Debuxante de cómic de superheroes.
P: ¿Segue algún lema?
R: Sempre pensei que seguir lemas ou dicirse cousas a un mesmo de cara ao espello denota un carácter un tanto psicopático (risas).
P: ¿Un defecto?
R: A ansiedade por facelo todo canto antes.
P: ¿Unha virtude?
R: A pesar da ansiedade son bastante frío á hora de tomar decisións.
P: ¿Un filme?
R: Children of men, de Cuarón.
P: ¿O seu libro favorito?
R: En xeral, toda a obra de Roald Dahl.
P: ¿Unha comida?
R: Bocadillo de queixo.
P: ¿Un lugar?
R: Annecy, tanto para visitar como para vivir.
P: ¿Un personaxe galego?
R: Camilo José Cela; todo un personaxe (risas).
P: ¿Unha meta profesional?
R: Vivir das miñas propias creacións e ir pouco a pouco deixando de facer traballo de encargo.
Publicado o 24 Abr 2009
Texto: M. Barallobre. Data orixinal: 16.03.2009. Luís Sendón Cedrón (na imaxe, nun autorretrato) nado en 1981 é ilustrador, debuxante de BD e deseñador gráfico Membro do colectivo de Polaqia e de Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), publica na revista de BD Barsowia e traballa na actualidade para unha axencia de comunicación e deseño.
P. ¿Un sinónimo de Galicia?
R. Gustaríame pensar que verde.
P. ¿Que quería ser de pequeno?
R. Estrela do rock (risas).
P. ¿Un defecto?
R. Dicir o que penso.
P. ¿Unha virtude?
R. O mesmo, dicir o que penso.
P. ¿Segue algún lema?
R. Á hora de ver o vaso medio cheo ou medio baleiro prefiro pensar sempre en positivo.
P. ¿Un filme?
R. Freaks, de Tod Browning. Son
moi fan do cine de terror en xeral.
P. ¿Un libro?
R. Frankenstein e, se falamos de
banda deseñada, Maus.
P. ¿E un grupo?
R. Medrei escoitando Iron Maiden.
P. ¿A súa comida favorita?
R. Os garavanzos da miña avoa.
P. ¿Un lugar?
R. A Costa da Morte.
P. ¿Un personaxe galego?
R. Castelao.
P. ¿Un debuxante de cómic?
R. Moitos, pero John Romita Jr paréceme moi potente.
P. ¿Unha meta?
R. Agora mesmo, acabar de pagar a hipoteca (risas)… e poder seguir traballando no que me gusta.