culturagalega
consello da cultura galega

Luís Sendón: “Á hora de ver o vaso medio cheo ou medio baleiro prefiro pensar sempre en positivo”

Publicado o 24 Abr 2009

sendonluisTexto: M. Barallobre. Data orixinal: 16.03.2009. Luís Sendón Cedrón (na imaxe, nun autorretrato) nado en 1981 é ilustrador, debuxante de BD e deseñador gráfico Membro do colectivo de Polaqia e de Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), publica na revista de BD Barsowia e traballa na actualidade para unha axencia de comunicación e deseño.

P. ¿Un sinónimo de Galicia?
R. Gustaríame pensar que verde.

P. ¿Que quería ser de pequeno?
R. Estrela do rock (risas).

P. ¿Un defecto?
R. Dicir o que penso.

P. ¿Unha virtude?
R. O mesmo, dicir o que penso.

P. ¿Segue algún lema?
R. Á hora de ver o vaso medio cheo ou medio baleiro prefiro pensar sempre en positivo.

P. ¿Un filme?
R. Freaks, de Tod Browning. Son
moi fan do cine de terror en xeral.

P. ¿Un libro?
R. Frankenstein e, se falamos de
banda deseñada, Maus.

P. ¿E un grupo?
R. Medrei escoitando Iron Maiden.

P. ¿A súa comida favorita?
R. Os garavanzos da miña avoa.

P. ¿Un lugar?
R. A Costa da Morte.

P. ¿Un personaxe galego?
R. Castelao.

P. ¿Un debuxante de cómic?
R. Moitos, pero John Romita Jr paréceme moi potente.

P. ¿Unha meta?
R. Agora mesmo, acabar de pagar a hipoteca (risas)… e poder seguir traballando no que me gusta.