culturagalega
consello da cultura galega

Marcos Calo: “Gustaríame vivir das miñas creacións e ir deixando de facer traballo de encargo

Publicado o 08 Xull 2009

Marcos CaloTexto: M. Barallobre. Data orixinal: 09.03.2009. Marcos Calo Este ilustrador coruñés traballou no filme en 3D O bosque animado e conta con diversos premios de BD Tras varios anos dedicado ao deseño de escenarios para a película de animación Planet 51, que se estreará no Nadal, ultimamente fixo traballos de ilustración (libros, portadas…) a nivel español e norteamericano

P: ¿Un sinónimo de Galicia?
R: Depende.

P: ¿Que quería ser de pequeno?
R: Debuxante de cómic de superheroes.

P: ¿Segue algún lema?
R: Sempre pensei que seguir lemas ou dicirse cousas a un mesmo de cara ao espello denota un carácter un tanto psicopático (risas).

P: ¿Un defecto?
R: A ansiedade por facelo todo canto antes.

P: ¿Unha virtude?
R: A pesar da ansiedade son bastante frío á hora de tomar decisións.

P: ¿Un filme?
R: Children of men, de Cuarón.

P: ¿O seu libro favorito?
R: En xeral, toda a obra de Roald Dahl.

P: ¿Unha comida?
R: Bocadillo de queixo.

P: ¿Un lugar?
R: Annecy, tanto para visitar como para vivir.

P: ¿Un personaxe galego?
R: Camilo José Cela; todo un personaxe (risas).

P: ¿Unha meta profesional?
R: Vivir das miñas propias creacións e ir pouco a pouco deixando de facer traballo de encargo.