Manel Cráneo: “Na carreira da vida o mellor son as metas voantes e o meu soño é morrer durmindo”

Texto: M. Barallobre. Data orixinal: 23.02.2009. Manuel Á. Pena Vilar Este coruñés (na imaxe, de Alberte Peiteavel) publicou centos de páxinas de BD nos últimos 16 anos en revistas como Barsowia, Golfiño, GPS. Participou cunha historieta na exposición colectiva Miña terra galega. O pasado 2 de abril presentou o seu novo álbum de cómic: Os lobos de Moeche.
P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Paraíso en perigo de extinción.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Maior; e agora, pequeno.
P ¿Un lema?
R A inspiración que me colla traballando, dixo Picasso.
P ¿Un defecto?
R Apúntome a un bombardeo.
P ¿Unha virtude?
R Despois do bombardeo, apúntome a recoller.
P ¿Unha película?
R Como a pregunta é demoníaca, terei que dicir O exorcista.
P ¿Un libro?
R Acabo de terminar O Príncipe, de Maquiavelo.
P ¿Un lugar?
R http://planetamincha.blogspot.com
P ¿Un debuxante que admire?
R Todos aqueles que conseguen vivir despois de mortos, porque non perderon o tempo.
P ¿Un personaxe galego?
R Elvira, a miña bisavoa. Non era unha muller, era unha raíz saída da terra.
P ¿Un soño?
R Na carreira da vida o mellor son as metas voantes e o meu soño eterno é morrer durmindo.


RSS