Alberto Guitián: “Gustaríame vivir nun castelo toscano grazas aos royalties dos meus personaxes”

Texto: M. Barallobre. Data orixinal: 16.02.2009. Alberto Rodríguez Guitián. Naceu en Lugo en 1974, malia que vive en Barcelona desde 2003. É debuxante de BD e tamén artista gráfico. Fai colaboracións na revista Retranca coas series Fito e Pita e Temas de Hoxe. Goza deseñando carteis e actualmente traballa no campo da animación para a longametraxe Chico y Rita no estudio Mariscal.
P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Orballo.
P ¿Que quería ser de pequeno?
R Astronauta.
P ¿Un defecto?
R Ás veces son algo loubán.
P ¿Unha virtude?
R Son bastante tranquilo.
P ¿Segue algún lema?
R A verdade é que non.
P ¿Un filme que lle gustara?
R Creo que o que máis veces levo visto é Blade runner.
P ¿Un libro?
R Solaris, de Stanislav Lem.
P ¿E un grupo?
R Os Pixies, por exemplo.
P ¿A súa comida favorita?
R ¡O raxo!
P ¿Un lugar?
R Agora mesmo vénme á cabeza un xardín fantástico nas aforas de Edimburgo.
P ¿Un personaxe galego?
R José Tojeiro (risas).
P ¿Un debuxante?
R Moitos, pero creo que o francés Blutch é excepcional; un tío con moita liberdade e poderío.
P ¿Unha meta?
R Vivir nun castelo toscano grazas aos royalties dos meus personaxes (risas).


RSS