culturagalega
consello da cultura galega

Javi Montes: “Ante branco ou negro, como bo galego, quedo co gris, así que me custa tomar decisións”

Publicado o 04 Feb 2010

javi montesTexto: M. Barallobre. Data orixinal: 13/02/09. Javier Montes Pampín
Naceu na Coruña (1975) e traballou como ilustrador para varios medios, como o xornal La Opinión de A Coruña En 2002 fundou o estudio Boabab con outros debuxantes e traballou facendo ilustración editorial, publicidade e, principalmente, cómic Colaborou con El Jueves, DC Comics ou Marvel Comics

“Ante branco ou negro, como bo galego, quedo co gris, así que me custa tomar decisións”

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Verde.

P ¿Que quería ser de pequeno?
R Independente.

P ¿Un lema?
R Carpe diem (ou carpe noctem, segundo se preste).

P ¿Un defecto?
R Ante branco ou negro, como bo galego, quedo co gris, así que me custa tomar decisións.

P ¿Unha virtude?
R Creo que tamén quedar co gris. Non son categórico.

P ¿Unha canción?
R Levo cantaruxando todo o día o tema Her morning elegance, de Oren Lavie, que por certo ten un vídeo precioso.

P ¿E un libro?
R Non teño libros de cabeceira. Agora estou lendo o último cómic de Liberty Meadows, de Frank Cho, e a novela La mancha humana.

P ¿Unha comida?
R Pasta; espaguete sobre todo.

P ¿Un lugar?
R O estudio que comparto con outros debuxantes, Baobab.

P ¿Un debuxante de cómic?
R Carlos Meglia.

P ¿Unha meta profesional?
R Traballar menos e gañar máis o máis tranquilo que poida.