As bolboretas do Páztcuaro

Páztcuaro, novembro, 1954
Chegamos á ribeira michoacana do lago de Páztcuaro. Deixamos atrás, cabalgando como innumerable exército formado para o asalto a Mil Cumbres, os escuadróns do Pinus moctezuma, de limpos fustes e arpadas copas en lámpara.
Agora a brisa húmida, que ven roubando suavidade á auga, abanica as aspas dos palmares, os cocoteiros, as bananeiras…, que derraman a súa luxuria pola ribeira. Parecen empinarse sobre as raigames, en busca do espello prometido para reflexar a súa pompa. Ván esforzo da flora ribeireña, ante as augas cercadas, curadas de narcisismo, tinguidas pola fariña térrea da erosión fluvial, que sacrificaron para sempre a ética, a transparencia á fertilidade.
Entre a orla firme, pero anegadiza, e o verdadeiro bordo do lago, ábrense estreitas veas navegables. Polo seu cauce turbio deslízase a canoa de tablas sen quilla, e vai marchando a compás dun desproporcionado redoble de pistóns fatigados. Grandes manchas de miúdas algas invaden a superficie, restando espazo vital ás criaturas ícticas que se aloxan no medio acuático, baixo a intrusión vexetal.
Cando entramos na área central, o sistema xeolóxico do cal o lago é como o riñón líquido, ensina toda a súa beleza e grandiosidade. Unha impoñente cadea oval de montañas, cuxas crestas tínguense de líquida coloración violácea, coroa maxestuosamente a conca de Paztcuaro, sobra a que flota, como un legado providencial, a sombra bendecida de Tata Vasco. No medio deste paraíso de auga, sobre o cal tamén reptan as colebras, recortan as súas escuras moles picudas, baixo a dureza do sol tropical, as illas habitadas polos tarascos.
Todo ten aquí un aire primitivo e directo. Con esta lixeireza de espírito que o ambiente proporciona, máis que a exploración dos encantos da paisaxe, téntanos a orixinalidade dos costumes do home que o habita.

Nun dos paraxes do lago, agrúpanse tres, cinco, sete…pescadores indios. Sobre as irsutas testas, a á blonda e anchurosa do chapeu de palla. Cada un tripula a súa balsa, alongada, plana por debaixo e polos lados, escavada nun tronco de ahuehuete ou de eucalipto, con bisel na proa e na popa para o atraque á praia. Cada un manexa a súa arte, semellante a un doble pay-pay de blanca rede, a un abanico de ondas oblongas, no que se inserta un largo mango. É calado por simple afundimento á profundidade asequible, xeralmente en lance simultáneo cos demáis do grupo, para cercar o cardume. O mesmo pescador, mentres mantén calada a bolboreta, axita o remo unico da embarcación, semellante a unha raqueta, dentro da bolsa sumerxida. Despois efectúa a levantada, por simple apalancamento do mango contra a borda. O miúdo charal, -especie de boquerón en auga dulce- e o peixe-rei aquí chamado “peixe branco” son as presas habitualmente capturadas.
Resulta inevitable supoñer que as mariposas de Páztcuaro, proceden do país de Madame Butterfly. Como se as mans taumatúrxicas do don Vasco de Quiroga, oriundo de Galicia, aínda que nado en Castela, primeiro bispo de Michoacán, despois de exercer analoga misión evanxelizadora na China e o Xapón, introduciran hai catro séculos esta arte de pesca entre os indios tarascos.
Tal xeralización, resultaría neste caso demasiado fácil, para ser xustificada. O aparello de bolboreta é apenas unha adaptación do “salabardo” primitivo, pero ireemprazable en certos usos de pesca. Unha adaptación obtida por dilatación bilateral do círculo, a expensas da profundidade do saco. Non sería explicable con éxito fora da pesca artesanal, exercida en masas de auga quedas e intransparentes.
Os aymaras do Titicaca empregan unha arte semellante, a catro mil metros sobre o nivel do mar. Os tarascos de Páztcuaro viven a uns dous mil metros. Como se ve, sempre as bolboretas mariñeiras voan moi alto. O home das augas máis próximas ao ceo, é lóxico que sexa, no seu oficio de mariñeiro, como nos seus ritos ou na súa linguaxe, o mais distanciado etnograficamente dos demáis da Terra.
Explora o lugar con Google Maps:
Fotos e texto: Valentín Paz Andrade.


RSS
