culturagalega
consello da cultura galega

Noites Brancas

Publicado o 24 Set 2010

Despois dun terrible periplo atravesando Ucraína, 6 horas de fronteira, e un tortuoso e longuísimo camiño cara o Norte polas “marabillosas(!)” estradas rusas, chegamos a San Petersburgo xa de madrugada e co tempo xusto para durmir.3:00 pm, comeza o dia!!!
¿Durmir? Os rusos chegaron ao espazo antes ca ninguén pero aínda non chegaron a entender a utilidade dunha persiana o dunha contra!
Experimentamos a noite branca, un fenómeno debido á proximidade ao Polo e que consiste basicamente en que a “noite” se reduce a un atardecer/amencer que non chega a escurecerse e que despois de escasas dúas horas,
aló polas 3 da madrugada se converte en dia radiante.
Vaia, que durmimos o xusto…

Roads