culturagalega
consello da cultura galega

Rusia: unha europa diferente

Publicado o 24 Set 2010

Tripla Fronteira Russia Ukrania Bielorusia

Tripla Fronteira Russia Ukrania Bielorusia

Foi algo que comprobamos nada máis chegar á fronteira entre Ucraína, Bielorusia e Rusia, a chamada tripla fronteira; Rusia é outro mundo.
Nada menos que 6 horas para cruzar o borde entre a europeísta Ucraína e a anquilosada terra dos zares e do falido comunismo.

Fronteira con Russia

Fronteira con Russia

O noso “tour manager” Andrey tivo xa a corazonada de que precisariamos tempo así que comezamos o camiño cara o Norte xa de tarde coa idea de estar toda a noite agardando a que os corruptos oficiais de aduanas tivesen a ben deixarnos pasar. Comeza a auténtica aventura