culturagalega
consello da cultura galega

Penza

Publicado o 26 Out 2010

Pasamos ben eses dous días en Tolyatti, pero Rusia comezaba a facer fenda en nós. Coma as moribundas tropas napoleónicas deambulabamos polas inmensidades da estepa, agora dirixiámonos cara a Penza o lugar da próxima batalla. Pero as peculiaridades rusas facían que o duro da batalla se amosase no cotiá da vida en estrada. Repito, en Rusia non hai WC.Wc

Wc_DetailIsto poderá parecer algo banal pero cando un leva unha semana en Rusia tocando sen parar convértese en algo dramático. Os encargados das gasolineiras ou negocios da estrada sempre facían o mesmo xesto ao preguntarlle polo toilette, alongaban o brazo, sinalaban cara a fora e a uns cen metros (perímetro de seguridade anticheiro) víase un caseto que xa nin queriamos ver diante. A campaña rusa é dura aínda gañando cada batalla.