culturagalega
consello da cultura galega

Do venres 29 de outubro ao luns 1 de novembro

Publicado o 29 Out 2004

O proxecto IberCon, consistente en celebrar de forma conxunta en 2005 a Convención española de Fantasía e Ciéncia-Ficción (HispaCon) e os Encontros de Ficção Científica e Fantástica de Portugal, fundidos na primeira xuntanza ibérica do xénero fantástico da historia, está en moi graves dificultades. Fran Morell tráenos toda a información desta e doutras noticias do xénero fantástico e de ciencia ficción. Entregas de premios, novidades dos proxectos cinematográficos e moitas cousas interesantes que está a ocorrer chegan da man do editor da revista en rede Nova Fantasía, a única publicación especializada da comunidade en información de fantasía. Le máis deste artigo »

Do venres 22 ao domingo 25 de outubro de 2004

Publicado o 22 Out 2004

Unha selección de noticias do máis actual arredor do xénero fantástico e de ciencia-ficción. Fran Morell, editor da revista en rede Nova Fantasía, achéganos cada semana a actualidade, os rumores e as previsións de todas aquelas cousas que teñen que ver co xénero en calquera das súas manifestacións:literatura. audiovisual, cómic, etc. Esta semana hai máis noticias arredor de Superman, próximas sorpresas televisivas, teatro fantástico en Galicia e algunhas cuestións de encontro entre culturas e sociedades. Le máis deste artigo »

Do venres 15 ao domingo 17 de outubro de 2004

Publicado o 15 Out 2004

O editor de Nova Fantasía dedica o seu artigo semanal a facer unha homenaxe a un superheroe que ven de deixarnos esta semana. A actitude de Christopher Reeve ante a súa parálise elevou ao actor máis alto do que nunca puido chegar a personaxe que o fixo famoso e acrecentou a súa aureola de super-home. Quedará sempre nas nosas lembranzas, e xa para a historia, como o verdadeiro Supermán. Fran Morell lémbranos quen foi e o que fixo este ser tan fóra do común, que sen ser paxaro nin avión mantívose sempre no máis alto. Le máis deste artigo »

Do venres 8 ao domingo 10 de outubro de 2004

Publicado o 08 Out 2004

As novas desta semana están moi enfocadas cara ao audiovisual, xa que cine americano está xerar moitas noticias de producións do xénero fantástico. Fran Morell, editor da revista Nova Fantasía, tráenos as informacións máis frescas do momento. As próximas estreas, aquelas que aínda están por rodar, as participacións dos actores nas producións, etc. O cine fantástico vive unha idade dourada e prolífica. Le máis deste artigo »

Do venres 1 ao domingo 3 de outubro de 2004

Publicado o 01 Out 2004

Fran Morell dá novos datos sobre o “culebrón” de James Bond, despois dun verán inzado de rumores sobre o sucesor de Pierce Brosnan, agora as cousas xa non están tan claras. Alén diso o editor da revista Nova Fantasía tamén trae información sobre vindeiras producións españolas do xénero de terror e sobre apuntamentos internacionais de fantasía. Todas as novidades dos xénero fantástico e de ciencia ficción as trae Fran Morell. Le máis deste artigo »