Warning: include(http://www.culturagalega.org/cabeceira-especiais-culturagalega.php) [function.include]: failed to open stream: HTTP request failed! HTTP/1.1 404 Not Found in /var/www/html/conculga/html/opinion/wp-content/themes/ministry-free/header.php on line 34

Warning: include() [function.include]: Failed opening 'http://www.culturagalega.org/cabeceira-especiais-culturagalega.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear:/usr/share/php') in /var/www/html/conculga/html/opinion/wp-content/themes/ministry-free/header.php on line 34

Do venres 24 ao domingo 26 de xuño de 2005

Publicado o 24 Xuñ 2005

A crónica semanal das máis relevantes noticias da ciencia ficción e a fantasía dá conta de cousas de extraterrestres que ocorren nesta terra. Fran Morell infórmanos das andanzas de Tom Cruise presentando “A guerra dos mundos”; dun Harry Potter que fuxe da República Checa; das novas aventuras dunha Alicia que atravesa o espello e de moitas outras noticias breves, case todas do universo fílmico relativas a producións de xénero. Le máis deste artigo »

Do venres 17 ao domingo 19 de xuño de 2005

Publicado o 17 Xuñ 2005

Aínda persiste a Guerra das Galaxias en producir noticias para os seus seguidores. Fran Morell informa desta e tamén doutras importantes noticias e futuras producións do cine, a televisión e a banda deseñada. Futuras producións audiovisuais e lanzamentos editoriais cheos do ánimo da ciencia ficción e a fantasía. Le máis deste artigo »

Do venres 10 ao domingo 12 de xuño de 2005

Publicado o 10 Xuñ 2005

A organización da Ibercon en Vigo pasa por algúns momentos de crise no país veciño. Fran Morell informa cumpridamente do estado da cuestión da convención luso-española de ciencia ficción e fantasía. A presenza da piratería e a parte máis escura do mercado literario arredor de cada nova entrega de Harry Potter tamén volve a estar de actualidade. Estas e outras novas do xénero fantástico no reporte semanal do editor da revista Nova Fantasía. Le máis deste artigo »

Do venres 3 ao domingo 5 de xuño

Publicado o 03 Xuñ 2005

O barco Naumón percorre os portos galegos co seu espectáculo de homenaxe a Jules Verne, fabulador da ciencia ficción do que se cumpren 100 anos da súa morte. Desta e doutras informacións sobre literatura, cine e banda deseñada do xénero da fantasía e ciencia ficción dá conta neste artigo Fran Morell, editor da revista Nova Fantasía. Le máis deste artigo »