culturagalega
consello da cultura galega

Do venres 26 ao domingo 28 de agosto de 2005

Publicado o 26 Ago 2005

Esta semana sorprendeunos unha nova desas que seica deberían facer que a Literatura fantástica sexa considerada máis democrática ca outras… ou non. A asociación californiana First Amendment Project, en colaboración con vários escritores de renome, entre eles Stephen King, Michael Chabon, John Grisham, Amy Tan, Rick Moody e Neil Gaiman, sacará a poxa en eBay a partir de setembro, o nome dos personaxes das suas novas obras.
Le máis deste artigo »

Do venres 19 ao domingo 21 de agosto de 2005

Publicado o 19 Ago 2005

Alguén pode relembrar unha vella película de 1973 dirixida por Michael Crichton e titulada en España “Almas de Metal” [ainda que máis coñecida polo seu título orixinal, "Westworld"]? Era unha mistura de ciéncia-ficción, western e película de medo, na que un parque de atraccións do futuro se convirte nunha trampa mortal cando os robots comezan a tomar decisións pola súa conta, dirixidos polo Pistoleiro, un persoaxe interpretado por Yul Brinner. Le máis deste artigo »

Do venres 12 ao luns 15 de agosto de 2005

Publicado o 12 Ago 2005

Do vindeiro Batman a polémicas historias de plaxio nalgunhas das máis recentes producións de Hollywood, Fran Morell achéganos toda a actualidade da fantasía e da ciencia ficción sen esquecer, como non, a lista complete de gañadores dos premios Hugo. Le máis deste artigo »

Do venres 5 ao domingo 7 de agosto de 2005

Publicado o 05 Ago 2005

Desde as últimas novas do contorno íntimo de Tom Cruise, aos rumores sobre o futuro filme de Indiana Jones, a actualidade da fantasía amósase esta semana ben variada. O remake de “A invasión dos ultracorpos”, a adaptación do manga “Afrosamurai”, e mesmo algunha producción española completan un apetecible panorama neste campo. Le máis deste artigo »