culturagalega
consello da cultura galega

Do venres 26 ao domingo 28 de maio de 2006

Publicado o 26 Mai 2006

Bótanse a voar os dragóns dunha das series literarias máis coñecidas da ciencia ficción pasan dos libros ao cine. Esta primicia e outras novas do xénero máis fantástico na crónica semana de Fran Morell, editor da revista en rede Nova Fantasía, que informa puntualmente das principais noticias acaecidas durante estes sete días. Le máis deste artigo »

Do venres 19 ao domingo 21 de maio de 2006

Publicado o 19 Mai 2006

Fran Morell fálanos das propostas ArtFutura e Resfest no MARCO de Vigo e tamén aborda, como non podería ser de outro modo, a estrea do rebumbioso “Código da Vinci” e as noticias que esta produción segue a xerar. Morell esculca con ollo crítico cada semana a actualidade do xénero fantástico e de ciencia ficción para ofrecernos a súa crónica. Le máis deste artigo »

Do venres 12 ao domingo 14 de maio de 2006

Publicado o 12 Mai 2006

O cronista do xénero fantástico e de ciencia ficción, Fran Morell, ponnos ao día no que a entrega de galardóns se refire. A entrega dos prestixiosos premios Nébula nos que podemos atopar consagrados autores do xénero. Morell tamén dá un repaso ao resto das novas da semana e avanza algunhas das claves de actualidade do fantásticos en cine, televisión e banda deseñada. Le máis deste artigo »

Do venres 5 ao domingo 7 de maio de 2006

Publicado o 05 Mai 2006

A abundancia de conexións actuais entre cine e banda deseñada fan desta relación unha das máis prolíficas no xénero da fantasía e ciencia ficción actualmente. Fran Morell abunda na información sobre as vindeiras producións que frutificarán desa complicidade entre dúas artes secuenciais chamadas a alimentar o imaxinario nos vindeiros anos. O editor de Nova Fantasía achega cada semana as novas máis diversas sacadas de ata debaixo das pedras. Le máis deste artigo »